Venres. 29.03.2024
El tiempo

3 novos cans abandonados buscan familia con Salvacadelos

3 novos cans abandonados buscan familia con Salvacadelos

Xa contabamos a pasada semana que o verán non foi bo tempo para o respeto animal na Costa da Morte. Numerosos cans pasaron pola Clínica Veterinaria Argos de Cee na procura dunha nova familia tras aparecer abandonados polas estradas da bisbarra. Se ben é certo que tamén hai quen non pode coidar máis do seu compañeiro e busca, amablemente, en Salvacadelos, unha nova familia para el.

Hoxe cóntannos que chegaron 3 novos cans á Salvacadelos. Precisamente dous foron atopados polas estradas de Cee e Corcubión respectivamente, mentres que á branquiña búscanlle casa por non poder atendelos máis.

Cadela abandonada en Corcubión

Esta cadela, duns 2 anos, que apareciu abandonada polas estradas de Corcubión, parece cruce de Epagneul Breton.

Blanquiña busca fogar

A esta cadela blanquiña peluda, adulta de raza pequena, búscanlle casa por no poder atendela.

Can perdido

Este can adulto, de raza pequena, apareciu abandonado, ou perdido, en Cee, e aparecía con moito pelo e un arnés azul. Tras un bo corte de pelo, leva agora un collar vermello.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios