Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A venda de coches na Costa da Morte medrou un 19% en 2014

A venda de coches na Costa da Morte medrou un 19% en 2014
Concesionario Senra Sport de Peugeot en Olveira Dumbria

Mentres en Baio, os chinos poden coa Feirato, polo resto da bisbarra as novas sobre as matriculacións son son tan negativas. I é que total de matriculaciones de turismos e vehículos comerciais no ano 2014 na zona, finalizou con 1.723 matriculaciones, que fronte ás 1.449 do ano 2013, supón un incremento do 19%, moi en liña co incremento total no mercado Español. Así nolo indican dende o Concesionario Dimolk de Peugeot nas comarcas de Bergantiños, Soneira, Xallas e Muros, que apunta que segue liderando as ventas por marcas con 218 matriculacións, seguida por Volkswagen con 181 e Renault con 137.

As matriculacións triplican en España o crecemento Europeo que se situou nun 5,7%, o que é unha magnífica noticia para o sector, que viviu anos moi duros desde o comezo da crise. O mercado no total de España situouse nos 855.308 vehículos vendidos, un 18,4% máis que o ano anterior.

“O Plan PIVE para renovación de vehículos, que actualmente segue en vigor, axudou moito a que a xente se animase a vehículos máis seguros e eficientes”, comentan dende o concesionario.

Por modelos, os máis vendidos durante o ano 2014 na zona foron o Dacia Sandero con 69 unidades, o novo Peugeot 308 con 59 unidades e o Volkswagen Golf con 57 unidades.

Por Concellos, Carballo foi o máis prolífico con máis de 400 coches vendidos, con moita vantaxe sobre Muros e Santa Comba, con máis de 130. Algo máis abaixo atopamos a Vimianzo, Cee e Outes, arredor da centena.

Táboa por Marcas

Top de marcas de coches vendidos na Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

  • Concesionario Dimolk.

Comentarios