Xoves. 02.05.2024
El tiempo

5 costeir@s nas listas do BNG para as eleccións galegas

EólicosAsíNon_FaniAlonso-Oscar Insua
O corcubionés Óscar Insua
5 costeir@s nas listas do BNG para as eleccións galegas

O BNG presentaba onte as listas da provincia da Coruña para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro. Nela aparecen 4 figuras da Costa da Morte en postos relativamente altos:

  • 5. Daniel Pérez López (Carballo). Avogado. É concelleiro en Carballo. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura.
  • 7. Óscar Ínsua Lema (Corcubión). Avogado.
  • 12. David Miranda Martínez (Vigo, Muros). Produtor de audiovisual.
  • 14. Carolina Castiñeiras Brandón (Laracha). Portavoz municipal na Laracha vicerresponsabel na comarca de Bergantiños.
  • 15. Primitivo Pedrosa González (Carnota). Mariñeiro.

O responsable do BNG da Costa da Morte, Xurxo Rodríguez Baña, valorou “moi positivamente” que a comarca conte con candidatos nas listas e amosouse “ilusionado coas posibilidades de acadar representación tras as eleccións do 18-F”. O mandatario nacionalista subliñou que a Costa da Morte necesita de representantes como Oscar Insua e Primitivo Pedrosa, “que loiten polo seu desenvolvemento, defendendo os seus recursos naturais e sectores produtivos, así como as infraestruturas e a sanidade pública de calidade que a comarca demanda”.
Xurxo Rodríguez lembrou que tanto Daniel Pérez como Oscar Insua “ten serias posibilidades de saír elexido deputado autonómico, “dado que nos anteriores comicios de 2020 o BNG acadou 7 deputados pola provincia coruñesa e tendo en conta que todas as enquisas outórganos unha subida eleitoral”.

Máis novas

Comentarios