Dos 639€ da pensión media de Mazaricos aos 930 da de Corcubión
- A Costa da Morte ten máis de 39.000 pensionistas, o que supón case o 30% da poboación total
Novos datos do IGE sobre as pensións, que nos permiten afondar na crise demográfica que afronta a nosa comarca e todo o país.
A pensión media nos 19 concellos das 5 comarcas da Costa da Morte sitúase 752€. Unha media que está moi lonxe dos 930€ da media do conxunto de Galicia, onde sobresaen un par de puntos interesantes: os homes teñen unha pensión un 35,6% superior ao das mulleres; e hai un 10% da poboación pensionista que sobrevive con menos de 429,95 euros.
Na bisbarra, as cifras son precarias. Só superan os 800€ de pensión 7 concellos (Corcubión, o único que mesmo supera os 900, Cee, Fisterra, Dumbría, Ponteceso, Muros e Carnota, que practicamente se sitúa nesa cifra).
Por contra, os pensionistas de 6 concellos non chegan aos 700€ (Cabana, Muxía, Vimianzo, Zas, Mazaricos e Santa Comba), as zonas máis dedicadas ao sector primario, sen industria e sen incidencia do sector público.
Por comarcas, sen dúbida a do Xallas é a máis baixa, con 642€ de media, mentres que as de Muros e Fisterra son as máis pudiente con 831€ e 817€ respectivamente.
É certo que as pensións subiron uns 30-40€ con respecto ao 2016 e uns 100€ con respecto a 2011. Pero o poder adquisitivo non puido medrar.
Pensión media por Comarcas (2018)
Comarca | Pensión media (€) |
Fisterra | 817,61 |
Comarca de Muros | 831,63 |
Bergantiños | 747,03 |
Terra de Soneira | 673,23 |
Xallas | 642,66 |
Pensión media por Concellos (2018)
Concello | Pensión media (€) |
Cabana | 676,49 |
Carballo | 753,23 |
Coristanco | 703,41 |
Laracha, A | 737,63 |
Laxe | 698,97 |
Malpica | 776,44 |
Ponteceso | 833,3 |
Cee | 878,32 |
Corcubión | 930,09 |
Dumbría | 825,40 |
Fisterra | 827,03 |
Muxía | 699,39 |
Carnota | 798,63 |
Muros | 850,89 |
Camariñas | 711,79 |
Vimianzo | 653,10 |
Zas | 662,79 |
Mazaricos | 649,53 |
Santa Comba | 639,20 |
Número de pensionistas concello a concello
A Costa da Morte ten máis de 39.000 pensionistas, o que supón case o 30% da poboación total, un 3,5% máis que en 2011, dato que demostra o avanve do envellecemento na bisbarra. En Galicia xa son 667000 os pensionistas, o que supón un 24,7% da poboación galega (2.699.000), dando conta de que a nosa bisbarra está 5 puntos máis envellecida que o total do país.
Pensionistas | 2011 | 2018 |
Cabana | 1421 | 1482 |
Carballo | 6530 | 7432 |
Coristanco | 2104 | 2078 |
A Laracha | 2716 | 2942 |
Laxe | 865 | 947 |
Malpica | 1939 | 1920 |
Ponteceso | 1927 | 1922 |
Cee | 1754 | 1820 |
Corcubion | 374 | 383 |
Dumbría | 999 | 1000 |
Fisterra | 1193 | 1303 |
Muxía | 1455 | 1649 |
Carnota | 1645 | 1535 |
Muros | 2585 | 2631 |
Camariñas | 1529 | 1604 |
Vimianzo | 2143 | 2253 |
Zas | 1582 | 1578 |
Mazaricos | 1549 | 1529 |
Santa Comba | 2916 | 3041 |
Total | 37226 | 39049 |
% Pensionistas/ poboación total |
26,1 | 29,6 |
Novas relacionadas
- Louzán 2018: O drama das pensións en cifras: A Costa da Morte, un "morto vivente”.
- 2016: As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte.
- Louzán 2017: Historia do drama do rural en imaxes (I) - Comarca de Fisterra.
- Historia do drama do rural en imaxes (III - Terra de Soneira).
- Louzán 2017: Historia do drama do rural en Imaxes (II) - Comarca de Bergantiños.