Venres. 29.03.2024
El tiempo

PSdG e BNG arrincan a campaña costeira do 26X

PSdG e BNG arrincan a campaña costeira do 26X

Arrincou a campaña, outra vez, para as Eleccións Xerais de 2016. Unhas eleccións repetidas que, na Costa da Morte deixaron o pasado decembro un panorama bastante bipolarizado, destacando a irrupción da marea e a caída en picado do BNG.

Así afrontan os 4 partidos estas novas eleccións do 26 de xuño. Se ben a coalición de esquerdas ten pouca presencia na nosa bisbarra, si que farán campaña PP, PSOE e BNG. PSOE e BNG xa arrincaron as súas citas costeiras-

O PSOE fala sobre Patrimonio

Ricardo García Mira en Dombate Ricardo García Mira en Dombate

Abriu a campaña costeira, o candidato número 2 do PSOE ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Ricardo García Mira. E fíxoo denunciando o abandono no que ten sumido o goberno do Partido Popular as manifestacións culturais e o patrimonio da Costa da Morte. García Mira, que o sábado acompañou ao profesor Kennon Sheldon da Universidade de Missouri (EEUU), un dos psicólogos máis acreditados do mundo, e mais á súa dona Melanie Sheldon, nun percorrido pola comarca, confésase avergoñado “polo estado de abandono en que o Goberno do Partido Popular ten o Castro de Borneiro”.
Na súa viaxe cos visitantes estadounidense para mostrarlles a riqueza cultural, paisaxística, patrimonial e gastronómica da zona, puido comprobar que a precariedade na conservación do patrimonio esténdese tamén “aos vestixios megalíticos de relevancia arqueolóxica” da comarca.
“Non pode comprenderse por ningún visitante, nin por ninguén con sentido común, tanto desprezo no PP pola cultura e o patrimonio como o que existe en Galicia”, conclúe o candidato socialista.

 

O BNG, na Feira de Carballo

BNG campana 26X Carballo O BNG arrincou a campaña para o 26X na Feira de Carballo

Pola súa banda, o comezo de campaña do BNG costeiro foi en Carballo, concretamente na Feira. Paco Souto, Evencio Ferrero, Lucía Veciño, Ana Pontón e Carlos Callón entregaron folletos da súa campaña para ter voz propia no parlamento español. #Coasnosasmans reza a campaña do BNG Nós Candidatura Galega, que aspira a mellorar os malísimos resultados do 20D, trala marcha de efectivos como Manuel Antelo.

En clave local, o BNG carballés presentou a súa idea para a rúa Martín Herrera, cuia obra, que comezará despois do San Xoán incluirá un muro-pantalla vexetal na parede da Dulcería Vella . A actuación abarcará dende o cruce das rúas Coruña/Igrexa ata o estreitamento da rúa do Sol.
Con esta actuación arranca a recuperación do centro histórico de Carballo, que seguirá mantendo a fonte da Praza de Galicia como un dos seus elementos singulares e emblemáticos xunto co Museo de Bergantiños.

Vindeiras citas

O propio BNG-NÓS celebra este luns 13 de xuño o seu mitin central da campaña ás 21:00h no Xardín municipal de Carballo, coa presencia de Evencio Ferreiro, e d@s candidat@s Lucia Veciño e Paco Souto, e Ana Pontón, xunto co cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón..En caso de choiva o acto trasládase ao auditorio do Forum.

Novas relacionadas

Máis novas electorais

O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015

Fonte

Comentarios