venres. 08.11.2024
El tiempo

745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez

745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez
Setenta xogadores participaron no I torneo de xadrez activo de Cerceda Setenta xogadores participaron no I torneo de xadrez activo de Cerceda O pasado sábado tivo lugar na biblioteca municipal de Cerceda a última proba do I circuito intercomarcal Deputación da A Coruña e o I torneo de xadrez activo concello de Cerceda no que se disputaron 8 rondas con partidas de 10 minutos e 5 segundo e no que se repartiron 1000 euros en premios. En total participaron 70 xogadores chegados dende distintos puntos da Costa da Morte (Malpica, Cabana, Zas, Muxía, Corcubión, Mazaricos e Carballo) e do resto da comunidade. Este era un día no que houto ata catro torneos máis en Galicia, polo que a organización califica de "excelente" a participación. Clasificación MF Pablo Férnandez, número 1 do ránking de Ferrol, cumpriu cos pronósticos e acadou o triunfo con 7 puntos. O ferrolán comezou moi forte con 6 de 6 e a clave estivo na ronda 7 cando salvou unha posición delicada ante o MI Espiñeira e asegurou o triunfo con outras táboas na ordna 8. O segundo posto foi para José Ramón Gómez do Recatelo con 6,5 puntos tras unha gran remontada. MF Antonio Pazos, de Ferrol, acadou o terceiro posto da clasificación, MI Diego Espiñeira, de Padrón, o 4º e MF Fernando Sánches, do Rianxo, o 5º posto. Con 5,5 puntos quedou un numeroso grupo no que Walter López, de Ferrol, quedou 6º; Alfonso López, do Padró, 7º; Pedro Blanco, de Ponferrada, 8º; José Soneira, de Corcubión, 9º; e Senén Martínez, de Ponferrada, 10º. O 1º sub-2000 foi Ángel de Blas, de A Coruña; 1º sub-1600 Óscar Fondo do Irindo, 1º veterano Manuel Arias do Clubexa, 1ª feminina Marta Quintáns, 1º sub-18 Diego Bugliot. Os mellores xogadore locais foron Daniel González (17º con 5); Alberto X. Veiga (31º con 4), Ignacio Expósito (64º con 2 puntos) e o gañador do sorteo do cheque de 20€ por cortesía de Gadis foi Juan Carlos Siso, de A Coruña. Por categorías, repartíronse trofeos para o 1º sub-12 Belarmino García (USC), 1º sub-10 Mario Mañana (Arteixo) e 1º sub-8 Heriberto Rubial (Ponferrada). I circuito intercomarcal Sobre as 20 horas do sábado, tivo lugar a clausura tanto do torneo de Cerceda coma do circuito que estivo presenciada pola concelleira de Promoción Económica, Emprego, Cultura e Recadacción - Begoña Rodríguez Rumbo - e o concelleiro de Deportes - Jesús Rama -. O circuito contou con 12 torneo celebrados entre os meses de xullo e setembro nas localidades de Dumbría, Mazaricos, Arteixo, Cee, Val do Dubra, Sada, A Laracha, Carnota, Muxía, Cabana, Carballo e Cerceda no que participou un total de 745 xogadores - con 255 xogadores únicos -. En canto á clasificación do I circuito intercomarcal Deputación da A Coruña quedou da seguinte maneira: O primeiro premio (500€) foi para GM David Lariño de Esteiro; o 2º (400€) foi para MI Diego Espiñeira de Padrón; o 3º (300€) foi para MF Antonio Pazos de Ferrol; o 4º (250€) para Walter López de Ferrol; o 5º (200€) para Gumersindo Rocha de Santiago; o 6º (175€) para Eugenio Martínez de Sanxenxo; o 7º (150€) para Daniel González de Cercea; o 8º (125€) para Manuel Arias de A Coruña; o 9º (100€) para José Soneira de Corcubión e o 10ª (75€) para Diego Bugliot de Cambre. Nas categorías especiais repartíronse dous premios xerais; un primeiro premio de 50€ máis un trofeo e un libro e un segundo premio de 30e máis un trofeo e un libro. O coruñés Ángel de Blas resultou o gañador do sub-2000; mentras que o segundo posto foi para Jua M. Díaz de Zas. En sub-1600 quedou campión Xulio del Prado (de 10 anos de idade) de Vigo, mentras que Oscar Fondo, de Zas, quedou no segundo posto. Juan Carlos Siso, de A Coruña, foi o campión dos Veteranos mentras que José Luis Castelo, tamén coruñés, quedou no segundo posto. Paula Quintáns foi a gañadora da categoría femina mentras que Marta Quintáns acadou o segundo posto. Borja Carrera e Izán Carrera, ambos de Ponferrada, foron o 1º e o 2º gañadores da categoría sub-19. Heriberto Rubial, de Ponferrada, foi o campión da categoría sub-16 mentras que Alejandro Rama, de Arteixo, acadou o segundo posto. Na sub-14 quedou no 1º posto Francisco Amigo, de Zas, e o segundo posto foi para Roi Mira, de Carballo. Darío Lema, de Mazaricos, foi o campión da categoría sub-10 mentras que Xoel Quintela, de Carballo, acadou o segundo posto. Josel Vilar, de Mazaricos, e Antón Quintela, de Carballo, acadaron o 1º e o 2º posto respectivamente da cateogría sub-8.  

Circuito Intercomarcal

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios