8 pontonas caídas no Corredor volveron convertirse en minas flotantes para os barcos costeiros

Unha e outra vez, o Corredor de Fisterra segue provocando altercados no noso mar. Ducias de veces os mariñeiros a comarca teñen que sortear contedores caídos dalgún buque, como acontecía esta semana no norte da bisbarra. En pleno temporal, un buque, o Pemba perdía o pasado martes 8 “pontonas” que deixaban á deriva, convertíndose en verdadeiras “minas flotantes” para as embarcacións de baixura que faenan na zona.
Foron días tensos no mar, ata que a mellora das condicións meteorolóxicas permitiron ir recuperando as pontonas e achegándoas ao mar. Dúas foron “rescatadas” polas embarcacións de baixura da zona Caprichosa e Argote, e outras polas embarcacións de Salvamento Marítimo (Salvamar Altair e Betelgeuse), a través do Centro de Coordinación e Seguridade de Fisterra.
As operacións de remolque das estruturas permitiron levar 3 pontonas ao porto da Coruña, 2 ao porto de Camariñas, outra ao porto de Laxe, mentres que outras dúas remataron varadas na liña de Costa.
Pontona do buque do Pemba rescatada por Salvamento Marítimo
Heroicas as fazañas das embarcacións costeiras, que remolcaron as estruturas con gran dificultade, dende os baixos das Quebrantas e dende a zona de Soesto, respectivamente.
Afortunadamente, desta volta non pasou nada, pero cada ano son case 40.000 os mercantes que pasan pola nosa Autopista Invisible
Imágenes del buque Pemba captadas el martes desde el Helimer 402. Ya no queda a flote en el mar ninguna de las pontonas perdidas, que suponían un peligro para la navegación. pic.twitter.com/CQOpesY5MP
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) January 17, 2020
Novas relacionadas
- Decembro 19: Varios areais da comarca aparecen sementados de pequenos pellets de plástico.
- 2019: O mar rendeu homenaxe aos heroes da Autopista Invisible.
- 2018: Os plásticos do buque Eloane chegan dende Fisterra ata as costas de Portugal.
- Chega ás praias da Costa da Morte parte da carga que perdeu o buque "MSC Eloane”.
- 2018: Os Reis deixaron un regalo en forma de susto no Corredor de Fisterra.
- 2017: A paradoxa dun plástico que serve para descontaminar e se convirte nun perigoso contaminante.