A Axober Work Party afondará sobre a repercusión na lei de Protección de Datos


A Asociación de Xoves Emprendedores de Carballo, Axober, prepara a súa experiencia mixta de networking, formación e información. A Axober Work Party terá lugar o vindeiro venres 26 de outubro Fórum Carballo, de novo cun formato de encontro de traballo e café.
Nesta cuarta edición da xuntanza abordarase un tema que nos atinxe a todos, o novo Regulamento Europeo de Protección de Datos.
A cita contará cunha das persoas que máis sabe sobre o tema en Galicia. Víctor Salgado é avogado de Pintos&Salgado, a firma de referencia na nosa comunidade autónoma do dereito e das novas tecnoloxías; ademais de profesor de Dereito Informático na Universidade da Coruña e membro da lista de Epertos da Comisión Europea para avaliar proxectos de I+D relacionados coa sociedade da información.
Participarán ademais dous profesionais “da casa”. O tamén avogado Carlos Puga, de Asesoría Cervantes, e Herminio Angeriz, de Alea Asesores, compartirán mesa con Víctor Salgado e serán os encargados de introducir o tema e de presentar ao convidado.