Venres. 19.04.2024
El tiempo

Numerosos actos de repulsa na Costa da Morte contra o triple asasinato machista de Valga

Numerosos actos de repulsa na Costa da Morte contra o triple asasinato machista de Valga

Ten conmocionado a todo o país o triple asasinato machista acontecido onte en Valga. E así o demostra a resposta de Concellos e entidades sociais para amosar a súa repuslta, de xeito que ao longo desta negra semana haberá accións en toda a comarca.

Martes de concentracións

Concentracion as portas do Concello de Carnota polo triple asasinato de Valga
Concentración no Concello de Carnota

Carnota e Muros e Cee son os primeiros en realizar unha concentración ás portas do Concello, este martes ás 12:00h. 

Á mesma hora farán un parón na Praza do Concello de Carballo, onde o mércores ás 20.00h, haberá unha masiva concentración comarcal.

Pouco despois, ás 13:15h, o Concello de Santa Comba manifestará a súa máis enérxica repulsa nunha concentración para berrar “Non á violencia”, enfrente á Casa do Concello.

Concentraccion contra a violencia de xenero en Muros
Concentración en Muros

Concentracións mércores e venres

alerta feminista en Costa da Morte

O mércores están convocadas manifestacións en todo o país, e na Costa da Morte son varias as citas. Unha novedosa, pois será o primeiro acto do colectivo de mulleres SonLilá con sede en Carnota. A primeira convocatoria é para mércores 18, baixo a Alarma Femininsta, e será unha concentración ás 20:00 horas na Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra).
Asimesmo este colectivo, para dar resposta contundente ao peor verán de terrorismo machista en decadas (con asasinatos, parricidios, trata, pederastia, extorsións, desparicións, manadas, violacións …) súmase ás manifestacións e concentracións nocturnas convocadas en todo o pais baixo o nome de A Noite Violeta, convocando a toda veciñanza a unha concentración nocturna que terá lugar o venres día 20 ás 20:30 hora na Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra) con un símbolo, a luz violeta. Piden que se leven lanternas, panos violetas e se pode ser vestidas de negro.

Non falta a cita da Organización feminista Buserana que convoca unha concentración de repulsa para este mércores ás 20.30 na Praza 8 de marzo para demostrar que o feminismo sae á rúa en resposta á barbarie machista.
Non faltarán á concentración deste martes do Concello e súmanse á Convocatoria da Emerxencia feminista convocada en todo o estado para o vindeiro venres 20 de setembro, acto do que informaremos ao longo da semana.

Novas relacionadas

Reportaxes

Comentarios