sábado. 24.05.2025
El tiempo

A Deputación recauda 20 millóns de euros en impostos delegados nos Concellos da Costa

A Deputación recauda 20 millóns de euros en impostos delegados nos Concellos da Costa

Xa lle preguntamos ao noso especialista en Economía Municipal Domingo Guerra por este asunto. Pero polo de pronto achegamos as cifras que nos aporta a Deputación, sobre a liquidación definitiva de impostos e taxas delegados dos Concellos da Costa da Morte na entidade provincial.

En total, ascenden xa a 16 concellos da zona os que teñen delegadas as competencias dalgúns dos seus tributos ou taxas municipais na institución provincial, que realiza estas operacións aproveitando as economías de escala. Así, o servizo de xestión tributaria e de recadación resulta máis eficaz e áxil que para un concello pequeno ou mediano.

Estas son as cifras concello a concello:

Impostos delegados recadados pola Deputación na Costa da Morte

ConcelloImpostos recadados
CABANA DE BERGANTIÑOS835.293,27 euros
CAMARIÑAS2.058.750,06 euros
CARBALLO416.502,99 euros
CARNOTA1.127.099,82
CEE2.178.969,82 euros
CORCUBIÓN 488.448,21 euros
DUMBRÍA 873.627,88 euros
FISTERRA 1.163.180,15 euros
LAXE833.912,24 euros
MALPICA DE BERGANTIÑOS1.307.688,28 euros
MAZARICOS 1.087.488,87 euros
MUROS 2.135.387,93 euros
MUXÍA 1.093.435,03 euros
PONTECESO 1.459.369,57 euros
VIMIANZO 1.963.167,23 euros
ZAS 1.243.193,84 euros
TOTAL COMARCA COSTA DA MORTE20.265.513 €

Que implica?

O funcionamento deste servizo que se presta aos concellos é o seguinte: a través de adiantos mensuais e a custe cero, os concellos reciben o 90% da recadación estimada en cada período, tomando como referencia o total recadado o ano anterior, e gozan así dunha liquidez que doutro xeito sería moi difícil. Tamén de xeito trimestral achéganse os importes recadados nos prazos de recadación executiva, sempre no caso dos concellos que teñan delegada esta práctica na institución provincial. A continuación, durante o mes de xaneiro, faise unha liquidación provisional, á espera da definitiva que vén de ordenarse esta mesma semana.

Este servizo préstase desde a Deputación desde o ano 1990, acadando ano a ano un aumento das recadacións, tanto en termos absolutos coma relativos.

Artigos de Domingo Guerra sobre economía municipal

Comentarios