martes. 03.06.2025
El tiempo

A Lotería rozou a Costa

A Lotería rozou a Costa

Desta volta tampouco tivemos moita sorte pola Costa, pero a bo seguro que máis de un comprou algún número que como pouco lle deixou para pasar unhas mellores festas, e con iso xa nos damos por satisfeitos.

Con todo, por Santiago algo caeu. A administración número 3 de Santiago, na Rúa do Vilar, en pleno casco histórico, despachou 10 décimos agraciados co 2º premio, o 00147.

Pola súa banda o Gordo foi vendido en Alicante, Barcelona, Cendanyola del Vallès (Barcelona), Cáceres, Eibar (Guipúzcoa), Alcorcón (Madrid), Madrid, Molina del Segura (Murcia), Saldaña (Palencia), Garachico (Tenerife) e Zaragoza.

Sabedes de alguén que pillara algo? Non o esquenzades, podedes compartir abaixo nos comentarios a vosa felicidade, ou onde comprachedes o número!

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios