Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada

A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada
Imaxe das obras da Autovía Costa da Morte

Non hai nin dúas semanas que a Xunta recoñecía os retrasos da Autovía Costa da Morte e mesmo deixaba caer a posibilidade de ter que retirar a concesión á UTE de aquí a 2 meses se retire a concesión á UTE, ante a falta de financiamento da mesma, o que provocaría un novo e tremendo retraso.

Sen embargo, a Xunta quere rectificar as verbas que o Conselleiro de MATI Agustín Hernández lles dixo aos representantes da FECOM e da Neria, asegurando que "a Autovía da Costa da Morte non está paralizada".

Aseguran que "mentres a concesionaria pecha o financiamento cos bancos para retomar os traballos con normalidade, as obras están centradas nos primeiros dez quilómetros da vía".

Ademais, queren dementir que "exista un pretendido impagamento por parte da Xunta, xa que se trata dunha obra realizada polo método concesional e polo tanto a Comunidade autónoma non empezará a pagar ata que a autovía estea en servizo".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta

Comentarios