A Xuventude Galega descobre a Costa da Morte


Preto de 70 persoas de entre 18 e 35 anos coñecerán, este mes de xuño, a Costa da Morte a través do programa Xuventur. Esta iniciativa, desenvolta pola Secretaría Xeral de Turismo a través de Turgalicia e a Dirección Xeral de Xuventude combina estancias no entorno rural con numerosas propostas de ocio e turismo activo.
Esta semana chega o primeiro dos tres grupos, de 22 persoas cada un, que terá a oportunidade de descubrir a Costa da Morte, disfrutando tanto da súa gastronomía como das súas paisaxes. Todo isto combinado cun intenso programa de actividades que inclúe barranquismo, kaiak polo río Xallas e un tour fotográfico.
Os sete aloxamentos que participan neste programa foron seleccionados a sorteo entre os socios da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte.
Desde a APTCM tratan de colaborar con todas aquelas iniciativas e actividades que permitan mellorar os índices de ocupación en tempada baixa.
Novas relacionadas
- O GDR Bergantiños aposta polo turismo.
- O mundo xa saborea Galicia dende Muxía.
- APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector.
- APTCM crea iniciativas en tempada baixa.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa de APTCM.