Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Alertan do posible paso dun buque nuclear avariado polo Corredor de Fisterra

Sevmorput-Foto-Vadebarcos
O Sevmorput atópase a día de hoxe preto das Illas Canarias-Foto-Vadebarcos
Alertan do posible paso dun buque nuclear avariado polo Corredor de Fisterra

Levan unha semana avisando, e mesmo a deputada do BNG, Rosana Pérez, vén de alertar da situación. Trátase do buque Sevmorput que navega, “avariado”, cara Rusia e que pasará polo Corredor de Fisterra en breve.

Ao parecer o buque dirixíase cara a Antártida, pero unha avaría e a enfermidade do seu capitán obrigoulle a dar a volta. Unha situación que pon en risco a costa galega, máis coas previsións de vento e ondas para estes días, polo que dende o BNG instan á Xunta a demandar do goberno do Estado iniciar as accións necesarias para que o buque.

Malia que o buque (o único do mundo que usa enerxía nuclear) estea sendo monitorizado pola Mariña Mercante, non exime do gran risco dunha nova catástrofe medioambiental.

Novas relacionadas

Comentarios