domingo. 25.05.2025
El tiempo

APTCM alerta do timo da suposta devolución do recibo eléctrico

APTCM alerta do timo da suposta devolución do recibo eléctrico
A asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte - APTCM - vén de informar sobre un timo detectado nestes días. As vítimas deste ataque á ciberseguridade son os clientes de distintas compañías eléctricas; tales como Endesa, Iberdrola, entre outras. Os timadores suplatan a identidade destas compañías e envían un aviso electrónico ao cliente no lle informan dun erro na facturación. Indican que o importe se cargou dúas veces e que para a devolución é necesario enviar datos persoais, número de conta,... "Este tipo de nota é falsa, de feito, estas empresas teñen o número de conta do cliente polo que ainda que teñan que facer un abono non deben de pedir novamente o número xa que é a mesma onde fan os cargos", sinalan dende APTCM. Deste xeito, dende a entidade recomendan ante calquera dúbida poñerse en contacto coas empresas distribuidoras. Novas relacionadas   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • APTCM

Comentarios