Venres. 19.04.2024
El tiempo

Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: estas son as propostas!

Un xoves máis, aquí vos deixamos o resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte da fin de semana do 22, 23 e 24 de febreiro. Unha axenda que vén marcada pola chea de citas co teatro, así como polos actos do Día de Rosalía.

Arnoia-principal.jpg-nggid03167-ngg0dyn-1050x1050x100-00f0w010c010r110f110r010t010
O auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acolle este sábado a representación da obra 'Arnoia, Arnoia'
Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: estas son as propostas!

PARTE DE METEOGALICIA: TEMPO SECO E SOLLEIRO

Meteogalicia avísanos que para o venres intensificarase a chegada de ventos cálidos do sur, polo que agardamos unha xornada de tempo seco e de ceos con nubes de tipo alto. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso rexistrándose valores altos para a época do ano. Os ventos soprarán do sueste moderados, con intervalos fortes na Costa da Morte. O sábado, Galicia estará nunha situación intermedia entre un anticiclón situado sobre Polonia e unha profunda borrasca ao norte das Azores. Deste xeito, teremos un día de ceos con nubes de tipo medio e alto, con ceos máis cubertos no litoral atlántico ao longo do día. Xa o domingo, quedaremos de novo sobre a influencia das altas presións, polo que se agardan ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con temperaturas máximas que seguirán ascendendo.

Venres 22 de febreiro

-Teatro coa Tropa de Teatro en Muros.

-Teatro do Atlántico nos Venres Culturais de Carballo.

-Showcooking con Fernando Agrasar en Laxe.

-Charla-coloquio sobre feminismo e Rosalía en Fisterra.

-Encontro literario en Ponteceso.

Sábado 23 de febreiro

-Charla sobre a xestión do monte en Corcubión.

-Teatro en Vimianzo coa obra 'Arnoia, Arnoia'.

-Obradoiros e teatro para celebrar o Día de Rosalía en Santa Comba.

-Mesa redonda sobre Rosalía de Castro en Ponteceso.

-Presentación de produtos rurais en Fisterra.

- Títeres polo Día de Rosalía en Cee.

-Noite de teatro en Muros.

-Concerto de Trampulleiro en Vimianzo.

Domingo 24 de febreiro

-Tarde de teatro infantil en Carballo.

-Talía Teatro estrea 'Vida de Cans' en Cee.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición 'Voantes' da ilustradora carballesa Laura Tova.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios