Martes. 08.10.2024
El tiempo

Axenda festeira para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

Así se presenta a axenda para esta fin de semana na Costa da Morte, que vén marcada polas numerosas verbenas repartidas ao longo de toda a bisbarra, así como por dúas citas ineludibles: o Asalto ao Castelo de Vimianzo e a Festa do Percebe de Corme.

O Asalto ao Castelo de Vimianzo
Axenda festeira para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

ARTE DE METEOGALICIA: TEMPO INESTABLE E TORMENTAS OCASIONAIS

Meteogalicia avísanos que o venres un embolsamento de aire frío ó oeste de Portugal ocasionará en Galicia, un día máis, inestabilidade atmosférica. Deste xeito os ceos estarán parcialmente anubrados, con máis nubes ao principio do día polo oeste e máis claros en xeral durante a tarde. A medida que avance o día medrarán nubes de evolución que poderán deixar chuvascos treboentos. O sábado persistirá o aire frío en altura sobre Galicia. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente anubrados, con nubes de evolución ao longo do día que deixarán chuvascos localmente treboentos máis probables no interior. As temperaturas estarán en lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de dirección variable. Xa para o domingo, situación semellante a de días anteriores, con anticiclón en superficie, pero aire frío en altura. Isto deixará unha situación con ceo parcialmente anubrado, con néboas e nubes baixas pola mañá no litoral; pola tarde medrarán nubes de evolución que de novo poden deixar algún chuvasco tormentoso pola tarde.

Venres 5 de xullo

-Festas do Rosario de Serantes, en Laxe.

-Festas de San Cristovo de Corzón, Mazaricos.

-Cea Irmandiña no Asalto ao Castelo de Vimianzo.

-Festa da Virxe do Corpiño en Oca, Coristanco.

Sábado 6 de xullo

-Festas do Rosario de Serantes, en Laxe.

-Festa da Virxe do Corpiño en Oca, Coristanco.

-Asalto ao Castelo de Vimianzo.

-Noite de regueifa en Buño, Malpica.

-Andaina polo roteiro dos pescadores de Corcubión.

-Festa do Percebe do Roncudo en Corme, Ponteceso.

-Entroido de verán en Fisterra.

-XI Festa Africana en Mazaricos.

-Festas de San Pedro na Ponte do Porto.

Domingo 7 de xullo

-Festas da Virxe do Carme en Freixeiro, Santa Comba.

-Festas do Rosario de Serantes, en Laxe.

-Festa da Virxe do Corpiño en Oca, Coristanco.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios