Martes. 15.10.2024
El tiempo

Axenda verbeneira para a fin de semana na Costa da Morte

Así se presenta a axenda para esta fin de semana na Costa da Morte, que vén marcada polas verbenas repartidas por toda a comarca. A nosa recomendación: a Romaría do Santo Hadrián de Malpica, declarada Festa da Interese Turístico de Galicia,e que o domingo vive o seu día grande!

santo-hadrian-horizontal_MG_9471
Axenda verbeneira para a fin de semana na Costa da Morte

ARTE DE METEOGALICIA: TEMPO INESTABLE

Meteogalicia avísanos que o venres Galicia quedará na influencia dos ventos de compoñente oeste que deixarán unha xornada de ceos parcialmente anubrados, con chuvascos, ocasionalmente treboentos, que comezarán a rexistrarse a partir do mediodía pola franxa atlántica e que chegarán á toda a Comunidade co avance da tarde. O sábado continuaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións con réxime de ventos do sudoeste. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis claros na metade leste e máis nubes no oeste, con orballos durante a mañá na franxa atlántica. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo do sudoeste, sendo máis intenso entre Bares e Fisterra. Xa o domingo, quedaremos na influencia das altas presións, polo que se agarda tempo seco e de sol. Así, amenceremos cos ceos parcialmente cubertos, con bancos de néboa en puntos do interior e co avance do día os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente sur pola mañá virando a compoñente norte á tarde.

Venres 14-domingo 16 de xuño

-San Antonio de Agualada, Coristanco.

-Festival Shanti OM en Santa Comba.

-Festas da Virxe do Pilar de Suxo, Muxía.

-Festas de Santo Hadrián de Malpica.

-Grandes Festas de Baíñas, Vimianzo.

-Feirauto en Baio, Zas.

-Feira Náutica FENAUCAM, Camariñas

Sábado 15-domingo 16 de xuño

-Festas do Aplazadoiro de Laxe.

-Festas de San Adrián do Castro, Zas.

-Festas de San Antonio de Centiña, Coristanco.

Sábado 8- Domingo 9 de xuño

-Festas de Cereo, Coristanco.

Venres 14-Martes 18 de xuño

-Festas de San Adrián de Corme Aldea, Ponteceso.

Sábado 15-Luns 17 de xuño

-Festas de San Adrián de Toba, Cee.

Domingo 16 de xuño

-Romaría do Santo Hadrián de Malpica.

-Festas de San Adrián de Freixeiro, Santa Comba.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios