Axenda verbeneira para a última fin de semana de agosto

Tempo algo máis inestable o que parece que vén pola comarca para esta última fin de semana de agosto. Pero a Axenda non para, con citas absolutamente imperdibles

Festas do Mar de Malpica

As festas con máis nome da fin de semana son as Festas do Mar de Malpica, cita imprescindible para medio Bergantiños.

 

Festas do Carme de Dumbría

Dumbría ten cita coa Panorama o sábado.

 

Festas de Canduas

As festas cabanesas tamén son das potentes do ano.

 

Festas do Val de Sardiñeiro

Por Fisterra tamén celebran as festas dna honra do Sagrado Corazón de Xesús.

 

A Romaxe de Coiro

Dous días de verbeneo en Mazaricos con cousas como a Olimpiada Rural como distintivo.

Festas de San Roque de Corme

4 dias de troula, ata o martes, por Corme, coa gran cita do sábado do esperado Entroido de Verán.

Festa do Furón

Todo un festival espectacular o que se vai vivir en Muros no marco desta festa de amigos que se foi das mans. Bandas da zona de renome como Terbutalina acabarán cantando o Titanic neste festolo baixo carpa.

Rueiros da Vila de Caión

Moi boa ocasión para achegarse por Caión da man deste completo programa de música e teatro.

Romaría dos Milagros de Traba

3 días de troula en Traba de Laxe.

Solpor poético de Laxe

Este sábado, fantástica ocasión para escoitar poesía e música, nunha paraxe incrible como a praia dos Cristais, ao solpor.

Festa do Pichorro

A xente de Cances prepárase para a Festa do Pichorro.

Exposición no Garabato

A Galería Garabato de Carballo estrea o domingo ca sesión vermú a exposición da coristanquesa Isabel Soutullo.

 

RUTAS POR PONTECESO

Tanto o Concello coas súas saídas nocturnas de Camiñar na Noite como Suso Lista cos seus roteiros patrimoniais, ofrecen interesantes propostas para andar en saídas nocturnas.

OUTRAS VISITAS

ANDAINA NOCTURNA E DIURNA POR PONTECESO

O ciclo andar na noite permite saídas os venres a primeira hora da mañá e da noite.

 

O CASTELO DE VIMIANZO

Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.

 

FARO VILÁN

O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais.

 

AS TORRES DO ALLO

Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadasescape room e exposición de Pazos.

Ademais, esta o venres 25, Caxoto tráenos os seus contos para público familiar.

 

ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO

A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.

 

VISITAS NO MUSEO FERNANDO BLANCO

Os venres ás 11:00h podes programar a túa visita guiada polo Museo Fernando Blanco de Cee.

 

Tendes toda a info festexeira en www.axendacostadamorte.com e no álbum das FESTAS DA COSTA DA MORTE 2023.