Desfrutando dos 7 Faros coas rutas de Suso Lista

Poucos mellor que el para contar estas historias. Non só porque coñece a zona como a rocha do Roncudo, senón porque é un contador nato. Arrincaba onte a serie de visitas guiadas que Suso Lista, coa súa nova marca 7Faros fai en colaboración coa Asociación Insua de Viastela. Unha serie de free tours (acéptase a vontade) que percorren lugares tan máxicos como o Mirador da Ghurita.

Un espazo dende onde se ven 7 faros de todo o litoral galego, dende o cabo Prior e Prioriño, na lonxana Ferroterra, pasando polo faro da Torre Hercules, Nariga, Sisargas, Roncudo e Insua. O do Vilán chega a intuirse tamén.
Ata o solpor e o prendido das luces dos Faros quedaron as máis de 30 persoas que disfrutaron no só do lugar, senón tamén da ruta. Foron facendo paradas, por exemplo, Pozo da Laghoa (que está seco) onde as xentes que non coñecían a zona quedaron alucinadas pola impresión dos cantís.
Vindeiras citas
Non para Suso xa, e este venres, a partir das 12:00h, aproveitando que hai mercadillo, hai paseo histórico pola vila de Corme pasando por lugares tan singulares como a rúa máis estreita do mundo, e rematando na imea, unha antiga fábrica de salazón.
O sábado ruta polos petroglifos, e o luns toca ir ver o solpor no Roncudo, con historias verdadeiras arredor do mar.
Podes aparecer no punto de encontro (na Fonte do Campo de Corme), ou podes contactar con el nas páxinas 7Faros de Instagram ou Facebook ou no 626 315 083.
ARTIGOS DE SUSO LISTA EN QPC
Novas sobre Suso Lista
- Suso Lista debulla, ruta a ruta, a historia de Corme.
- Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”.
- Suso Lista presentou a súa “ghamberra” novela no FNAC da Coruña.
- Abril 21: Suso Lista sacou a navalla suiza na casa.
- Decembro 2020: Suso Lista presenta "Como a roda no muíño": "É unha novela bastante ghamberra”.
- 2019: Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”.
- 2017: Suso Lista completa a súa triloxía de relatos con Charamuscas.
- A arte efímera de Suso Lista na area do Osmo.
- Xuño 2015: Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Suso Lista, terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias.
- Suso Lista e Suso Bahamonde seguen expandindo os seus libros.
- Dous Susos, dous libros.
- Maio 2014: Suso Lista presenta na casa o seu libro Salseiros.