Axenda verbeneira para a última fin de semana de agosto
Tempo algo máis inestable o que parece que vén pola comarca para esta última fin de semana de agosto. Pero a Axenda non para, con citas absolutamente imperdibles
Festas do Mar de Malpica
As festas con máis nome da fin de semana son as Festas do Mar de Malpica, cita imprescindible para medio Bergantiños.
Festas do Carme de Dumbría
Dumbría ten cita coa Panorama o sábado.
Festas de Canduas
As festas cabanesas tamén son das potentes do ano.
Festas do Val de Sardiñeiro
Por Fisterra tamén celebran as festas dna honra do Sagrado Corazón de Xesús.
A Romaxe de Coiro
Dous días de verbeneo en Mazaricos con cousas como a Olimpiada Rural como distintivo.
Festas de San Roque de Corme
4 dias de troula, ata o martes, por Corme, coa gran cita do sábado do esperado Entroido de Verán.
Festa do Furón
Todo un festival espectacular o que se vai vivir en Muros no marco desta festa de amigos que se foi das mans. Bandas da zona de renome como Terbutalina acabarán cantando o Titanic neste festolo baixo carpa.
Rueiros da Vila de Caión
Moi boa ocasión para achegarse por Caión da man deste completo programa de música e teatro.
Romaría dos Milagros de Traba
3 días de troula en Traba de Laxe.
Solpor poético de Laxe
Este sábado, fantástica ocasión para escoitar poesía e música, nunha paraxe incrible como a praia dos Cristais, ao solpor.
Festa do Pichorro
A xente de Cances prepárase para a Festa do Pichorro.
Exposición no Garabato
A Galería Garabato de Carballo estrea o domingo ca sesión vermú a exposición da coristanquesa Isabel Soutullo.
RUTAS POR PONTECESO
Tanto o Concello coas súas saídas nocturnas de Camiñar na Noite como Suso Lista cos seus roteiros patrimoniais, ofrecen interesantes propostas para andar en saídas nocturnas.
OUTRAS VISITAS
ANDAINA NOCTURNA E DIURNA POR PONTECESO
O ciclo andar na noite permite saídas os venres a primeira hora da mañá e da noite.
O CASTELO DE VIMIANZO
Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.
FARO VILÁN
O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais.
AS TORRES DO ALLO
Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadas, escape room e exposición de Pazos.
Ademais, esta o venres 25, Caxoto tráenos os seus contos para público familiar.
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO
A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.
VISITAS NO MUSEO FERNANDO BLANCO
Os venres ás 11:00h podes programar a túa visita guiada polo Museo Fernando Blanco de Cee.