Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Festa do Furón, todo un festivalón

Festa do Furon Muros 2023
O cartel da festa deste ano é feito por Adrian Varela, do Couto
A Festa do Furón, todo un festivalón

Quedan 5 días para a gran Festa do Furón. O sábado 26 terá lugar unha das máis singulares da comarca tanto por como nacía como por como se desenvolveu. Falamos dunha festa que nacía entre amigos, ocupando unha pista, a pista do Furón, e daqueles xantares en 20-40 persoas, pasamos a festolos de máis dun milleiro.

Os socios do Furón pagarán 20 euros pero terán empanada, mexillóns, churrasco, criollos, viño, cerveza e refrescos a fartar. E para amenizar, todo un autñentico festival de música ghallegha contemporánea de máxima calidade.

DelaCruz Show e Pablo Balseiro son xa residentes dende a primeira edición, pero ademais estarán grupos muradáns como Deleiba, Lisdexia ou os xa nougtra galaxia Terbutalina, que volven ao seu terreo para armar festa. A banda da Barbanza Sonophobia e os pinchas completan o elenco de artistas que farán do furón un auténtico festivalón.

Un dos momentos da noite será o Titanic, a canción da festa por excelencia, que pon os pelos de punta a todos os que participan.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios