#AxendaCostadaMorte para a fin de semana: estas son as propostas

08:16 28/12/18

Parte de Meteogalicia: Tempo solleiro
Meteogalicia avísanos que para o venres recuperaremos a influencia anticiclónica das pasadas xornadas, con circulación de nordés. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ao norte de Galicia, onde mesmo haberá a posibilidade de orballos. Xa para o sábado, as altas presións localizadas ao norte de Península Ibérica continuarán aportando estabilidade. Deste xeito, agardamos unha mañá con nubes baixas no norte e néboas en puntos do interior que irán desaparecendo progresivamente ata deixar unha tarde de ceo pouco anubrado ou despexado. O domingo, o anticiclón continuará estacionario ao norte da península Ibérica, illando a Galicia da influencia das borrascas atlánticas. Polo tanto, o día quedará novamente marcado polos ceos pouco anubrados.Programas de Nadal
Botádelle un ollo aos completísimos programas de Nadal municipais de (case) todos os concellos da Costa da Morte.Outras citas

Exposicións
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
- A tenda turística Stoupa acolle a exposición colectiva Stoupidos durante este nadal.
- Exposición colectiva 'Viento y mar' no Museo de Man de Camelle, mostra na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. Os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos, ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.