venres. 06.12.2024
El tiempo

O BNG de Bergantiños ratifica o seu apoio a Ana Pontón como Candidata á Xunta e critica os Orzamentos de 2024

Asemblea BNG Bergantinos
O o responsable e a vicerresponsable comarcais, Marcos Trigo e Carolina Castiñeiras, deron conta á asemblea de distintas iniciativas nas que está a traballar
O BNG de Bergantiños ratifica o seu apoio a Ana Pontón como Candidata á Xunta e critica os Orzamentos de 2024

A asemblea comarcal do BNG de Bergantiños vén de aprobar por unanimidade a candidatura de Ana Pontón á presidencia da Xunta. A portavoz nacional do BNG conta co respaldo absoluto da militancia da comarca, que ateigou a sede nacionalista de Carballo para amosar o seu apoio á próxima presidenta da Xunta de Galiza.

"Desde Bergantiños temos o convencemento de que Ana Pontón é a persoa idónea para afrontar o cambio que necesita o noso País, unha presidenta capaz de devolver a esperanza aos galegos e galegas e de liderar o proxecto de futuro que Galiza precisa", explicaron.

Aproveitaron para criticar a proposta de Orzamentos para o ano 2024 para a Costa da Morte, como "un novo exemplo da discriminación á que están sometidos pola Administración autonómica os concellos máis progresistas do País. Un ano máis, o Goberno do PP obvia as grandes necesidades da nosa comarca e do concello locomotora de Bergantiños: nin circunvalación, nin ampliación do polígono industrial, nin ambulancia medicalizada, nin unidade xudicial... Actuacións todas elas imprescindibles para o desenvolvemento económico e social non só de Carballo senón de toda a súa área de influencia".

Comentarios