Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG presenta varias enmendas aos orzamentos da Xunta para a Costa da Morte

Serxio Dominguez e Mini Rivas en Cee -BNG
Mini Rivas, á dereita, acompañado por Serxio Domínguez nunha visita anterior á Cee
O BNG presenta varias enmendas aos orzamentos da Xunta para a Costa da Morte

Xosé Luis Rivas Mini, deputado do Bng no parlamento galego, visitou onte a Costa da Morte para dar a coñecer as emendas presentadas aos orzamentos da Xunta para o ano vindeiro, no que ten a ver coa bisbarra.  Acompañado do concelleiro en Cee e responsable comarcal, Serxio Domínguez Louro, Mini declarou que:

“A comarca da Costa da Morte precisa de inversións públicas para sair do esquecemento ao que o somete o Partido Popular. Son obras e necesidades básicas, non se está a solicitar privilexios, se non equipar a bisbarra a outras do país. A inoperancia da Xunta tena que tapar outras administracións como a Deputación de A Coruña. O caso recente do Blue Star en Ares pon de relevancia que as emendas do Bng son imprescindibles para unha maior seguridade no mar, e na Costa da Morte en especial” 

Pola súa parte, Serxio Domínguez referíouse a situación da comarca como: 

“Téñoo dito en varias ocasións, a Costa da Morte morre, os datos que saen cada pouco tempo son esclarecedores, e indican que perdemos poboación por falla de oportunidades laborais e porque os nosos mozos e mozas teñen que sair a facer a súa vida lonxe da súa terra e dos seus. Mais isto non é unha plaga bíblica a que non se lle pode poñer fin, se non que son as consecuencias dunha política nefasta, da falla de compromiso do Partido Popular coa bisbarra”. 

As emendas referídas  a comarca son:

  • Plan de medidas de reactivación económica, industrial e de emprego da Costa da Morte
  • Remate da autovía.
  • Seguridade viaria: acondicionamiento  e dotación Servizos da travesía  da estrada  AC-552 (avd. Fisterra)  e da AC-550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cee.
  • Mellora dos recursos materiais e plantilla do Hospital da Virxe da Xunqueira. 
  • Posta en marcha da unidade de cardioloxía no hospital comarcal.
  • Construcción dun novo centro de saúde de Cee,  no solar que o existente ocupa, e que podería compartir, dando dúas plantas de altura, cun centro de día. 
  • Posta en marcha do Plan director do Monte do Cabo en Fisterra. 
  •  

Acondicionamento e dotación de servizos da travesía  da estrada             AC-455, ao seu paso pola recta da Anchoa, na entrada de Fisterra.

  • Dotación sistemas para operatividade do heliporto Ruibo
  • Construcción dos portos deportivos de Corcubión e Fisterra. 

 

  • Dotación Porto de BRENS de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña.
  • Saneamento integral da ría de Corcubión
  • Acceso ao porto de Brens. 
  • Ampliación e mellora da EDAR de Cee e Corcubión. 
  • Proxecto e execución porto deportivo
  • Dotación e equipamento Centro de día  de  Corcubión.
  • Elaboración Plan Director do Cabo Touriñán.
  • Mellora da rede de saneamento de augas no rural de Muxía e Camariñas. 

 

Novas sobre os Orzamentos da Xunta 2020

Comentarios