Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Chega a sexta edición de Youtubeiras, e o premio que “ensancha” a comunidade creadora en galego na Rede

Youtubeiras_Rolda2
Presentación da nova edición
Chega a sexta edición de Youtubeiras, e o premio que “ensancha” a comunidade creadora en galego na Rede

Xa non participa directamente ningún Concello costeiro na súa organización. Pero os Premios Youtubeiras traspasan fronteiras e levan 6 edicións fomentando a creación de contidos en galego. De feito, son moitos os costeir@s que teñen participado, e mesmo levado premios nestes galardóns promovidos polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.

Chega esta sexta edición co obxectivo de ensanchar a comunidade creadora en galego na Rede. Para iso presenxa xa as 8 categorías nas que te podes presentar /canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público) entre o abrirase o 27 de setembro e o 15 de novembro. Cómpre ir perfilando pois a túa proposta.

“Para rede, a nosa” é o “forte e enérxico” lema desta edición, que quere simbolizar “a seguridade e máis o orgullo de termos unha rede de creadoras e creadores que xeran contidos nas diferentes plataformas.

Accións paralelas

Os premios traen ademais outras actividades como o encontro creativo: a Megacolab, dinamizado por Gingko. Trátase dunha xornada de creación colectiva entre youtubeiros/as. Celebrarase o sábado 18 de xuño en horario de 11 a 14 h e de 16 a 19 h no Espazo Apego, en Santiago de Compostela. Para asistiren, as persoas interesadas deben inscribirse antes do 16 de xuño a través da páxina web de Youtubeiras, xa que as prazas son limitadas.

A seguinte das actividades terá lugar o 21 de setembro ao vivo na canle de Youtube do proxecto. Será unha conversa en liña titulada Unicornios e linguas non hexemónicas na Rede, coa participación das canles Canal Malaia (Catalunya), PlayPresta (Asturies), Iruñe @ARKKUSO (País Vasco) e Youtube en galego.

Xa en decembro, celebrarase un obradoiro formativo impartido pola asesora fiscal Paloma López Retorta, de Cifras Asesoría. Neste obradoiro, analizaranse claves de facturación, declaracións fiscais, o traballo por conta propia e as fórmulas de declaración dos ingresos acadados en Youtube.

Novas relacionadas

Comentarios