Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Consellería de Sanidade nin responde á Valedora do Pobo sobre a falta de psiquiatra no HVdX

Hospital Publico Virxe da Xunqueira
A Consellería de Sanidade nin responde á Valedora do Pobo sobre a falta de psiquiatra no HVdX

Continúa, dende finais do ano pasado, o Hospital Virxe da Xunqueira sen psiquiatra. Nun dos peores momentos polos que pasa a saúde mental da nosa sociedade, a Xunta deixa sen cubrir unha necesidade tan fundamental como o posto de psiquiatría, mantendo un servizo tremendamente precario, de apenas un par de días á semana e con diferentes profesionais que pouco seguemento poden facer dos seus pacientes.

O BNG, despois de protestar en varias ocasións, levou o asunto á Valedora do Pobo o pasado mes de abril. A Valedora aceptaba a proposta e requeriu á Consellería o perceptivo informe da situación. Un informe que aínda non enviou a Consellería de Sanidade, a pesar de ser unha obriga legal recollida no artigo 22.1 da lei da Valedora do Pobo.

Así o recoñece a propia Valedora esta semana ao BNG ceense nunha carta na que anuncia que vai solicitar novamente a documentación e as explicaións pertinentes.

“É lamentable a postura da Consellería non atendendo o requerimento da Valedora, tendo en conta que esta figura é o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitoos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas na Constitución. Parece que a Consellería e ao seu conselleiro non lle interesa nin o mais mínimo o que aconteza coa saúde mental na Costa da Morte e en Cee. Si todos os recortes sanitarios teñen efectos importantes, este é quizais mais grave ao ser unha das doenzas que provocan sofremento nas persoas que o padecen, así como efectos debastadores na saúde tamén de quen os rodea”, declarou Serxio Dominguez Louro, portavoz do BNG de Cee.

Paralelamente, o voceiro lamenta “a parálise dos alcaldes a alcaldesas da Costa da Morte, e cosideramos que entre festa e festa, entre acto e acto, deberían ter uns minutos para se precocupar por algo tan importante para toda a poboación”.

Novas relacionadas

Máis novas sobre Atención Primaria e Recortes

Comentarios