Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Os Concellos do Camiño Fisterra-Muxía únense noutra Asociación

Rexedores e técnicos dos Concellos do Camiño de Fisterra-Muxía na creación da Asociación en Dumbría.
Rexedores e técnicos dos Concellos do Camiño de Fisterra-Muxía na creación da Asociación en Dumbría.
Os Concellos do Camiño Fisterra-Muxía únense noutra Asociación

Que a unión fai a forza sábeno ben no Camiño. Solpor é un dos mellores exemplos de posta en valor do territorio a través do asociacionismo. Os Concellos queren emular aos empresarios, e esta tarde de rubricaron a creación da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra-Muxía.

Ata Dumbría desprazáronse rexedores e técnicos de Santiago de Compostela, Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía, ademais do Deputado Provincial de Facenda, Antonio Leira e Técnicos de Turismo da Deputación, e o Vicepresidente da Deputación Xosé Regueira.

A Asociación traballará na promoción do desenvolvemento turístico; na defensa do patrimonio cultural e natural; no apoio aos peregrinos que transitan oa concellos do Camiño de Fisterra e Muxía mediante a cooperación das entiddes locais, da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado, mancomunidades e outras asociacións vinculadas.

Na xuntanza debatíronse as propostas presentadas polos asistentes.

MÁIS NOVAS DO CAMIÑO.

Comentarios