Os Concellos do Camiño Fisterra-Muxía únense noutra Asociación

Que a unión fai a forza sábeno ben no Camiño. Solpor é un dos mellores exemplos de posta en valor do territorio a través do asociacionismo. Os Concellos queren emular aos empresarios, e esta tarde de rubricaron a creación da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra-Muxía.
Ata Dumbría desprazáronse rexedores e técnicos de Santiago de Compostela, Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía, ademais do Deputado Provincial de Facenda, Antonio Leira e Técnicos de Turismo da Deputación, e o Vicepresidente da Deputación Xosé Regueira.
A Asociación traballará na promoción do desenvolvemento turístico; na defensa do patrimonio cultural e natural; no apoio aos peregrinos que transitan oa concellos do Camiño de Fisterra e Muxía mediante a cooperación das entiddes locais, da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado, mancomunidades e outras asociacións vinculadas.
Na xuntanza debatíronse as propostas presentadas polos asistentes.
MÁIS NOVAS DO CAMIÑO.
- O Camiño Fisterra-Muxía chega ata a World Travel Market de Londres.
- De Lisboa a London promocionando o Camiño Fisterra-Muxía
- Solpor dá #unMardeGracias e expón a marca de calidade do Camiño Fisterra-Muxía en Santiago.
- Solpor une lazos coa Deputación e expón a riqueza do destino Fisterra-Muxía en Andalucía.
- A protección e a promoción seguen sendo as liñas principais de Solpor