Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As Confrarías da Costa da Morte vólcanse cas reivindicación dos traballadores de Salvamento Marítimo

O patron de Corme visitou aos traballadores de Salvamento Maritimo
Membros da Confraría de Corme visitaron esta fin de semana aos traballadores de Salvamento Marítimo
As Confrarías da Costa da Morte vólcanse cas reivindicación dos traballadores de Salvamento Marítimo

Os traballadores de Salvamento Marítimo están en folga. A empresa que xestiona os servizos de Salvamento Marítimo así como os helicópteros da Xunta Pesca 1 e Pesca 2, vai facer unilateralmente unha modificación substancial das condición salariais dos traballadores aplicando unha rebaixa entre un 13 ao 30%.

Unha situación que non só lles afecta a eles, se non a todos os traballadores do mar, porque un rescatador non pode ter a cabeza nunha liorta laboral, e debería poder concentrarse en salvar persoas.

A empresa asegura que ten perdas e despois de varias reunións co Comité negociando un convenio á baixa, agora parece que lle entraron as présas e toma esa medida de xeito unilateral. Ao mesmo tempo, a partida dos salarios dos directivos da empresa subiu un 27%, polo que parece cando menos sospeitoso aceptar esas supostas “perdas” que argumenta unha empresa con contratos como o de Salvamento ou o da Xunta recentemente renovados á alza.

De aí que os máis de 1.200 traballadores afectados (pilotos, rescatadores, mecánicos, médicos, enfermeiros, administrativos…) se poñan en folga. Unha folga case máis simbólica que efectiva, unha vez que en Salvamento Maritimo hai un 100% de servizos mínimos, polo que a única opción de visibilizar o problema é a mobilización social e mediática.

Esta pasada fin de semana os traballadores da base de Salvamento Marítimo do aeroporto da Coruña recubiron a visita de membros da Confraría de Corme. Unha visita para establecer lazos de cara á homenaxe en clave de pregón que van dar na festa do Percebe de Corme, pero tamén para demostrar o apoio do sector do mar á súa reivindicación.

O patrón cormelán, Roberto Vidal, mantivo contacto con varis confrarías da comarca e do resto de galicia e todas amosan un rotundi apoio á folga da tripulación de helicópteros de Salvamento. “Como traballadores do mar coñecemos a importancia do desempeño da súa función a prol da nosa seguridade. É de vital importancia a súa labor, chegando a arriscar as súas propias vidas como se pode constantar nas labores de rescta levadas a cabo dende o comezo da súa andadura”, explica Vidal nunha carta na que solicita ademais á Federación Galegas de Confrarías a que inste á Consellería do Mar e ao Ministerio de Fomento a tomar cartas no asunto, para “solventar a precaria situación deste colectivo na maior brevidade posible, para que todos os mariñeiros, mariscadores e resto de persoas dedicados ao mar, poidamos sair a traballar cada día sentíndonos seguros e respaldados por este grupo de persoas que velan pola nosa seguridade”.

Novas relacionadas

Comentarios