Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As conserveiras, o frío industrial ou a loxística: os sectores que dinamizan os parques empresariais

  • SEA recoñece que o da Laracha é o seu “polígono estrella”
  • O polígono de Buño non se activa; o de Vimianzo volve a moverse
Obras aparcamento público Inditex no poligono da Laracha
Obras aparcamento público Inditex no poligono da Laracha
As conserveiras, o frío industrial ou a loxística: os sectores que dinamizan os parques empresariais

Os de Cee, A Laracha, Malpica, Muros e Vimianzo son 4 dos 13 polígonos que xestiona Suelo Empresarial del Atlántico. A tendencia é moi positiva, sendo recoñece a entidade, sobre todo nos parques empresariais de Cee, A Laracha, Muros e Vimianzo, se ben o de Buño non acaba de arrincar.

Así o explica a súa xerente Beatriz Sestayo, que sinala as novas operacións pechadas este trimestre, que atinxen aos parques de A Laracha, Vimianzo, Muros e Cee. Sobre todo gracias aos sectores que aguantaron ben a pandemia, as conserveiras, o frío industrial ou os relacionados coa loxística.

As última operacións son a aprobación da venda de preto de 18.000 m2 na Laracha, de dúas novas parcelas en Vimianzo e as operacións comerciais pechadas con Sogama e Búa Construcións en Cee.
Pouco despois a¡Insuapesca corroboraba a súa integración, pola modalidade de Dereito de Superficie, ao polígono de Muros.

A Laracha, polígono estrella

O polígono da Laracha (que xa está en proceso de ampliación) “consolídase como polígono estrella de SEA”, recoñece Sestayo, que xa o pasado verán o colocaba como “un dos parques industriais con máis potencial de Galicia”.

A última operación, como dicimos, foi unha importante venda pechada por valor de 1.091.808 euros máis IVA e que afecta ás parcelas D.2.3., D.2.4 e D.2.5, que suman 17.898 metros cadrados.

Deste xeito, este parque empresarial, que xa conta cunha ocupación próxima ao 70%, afianza a súa posición como un polo xerador de emprego e desenvolvemento económico no área coruñesa, con empresas como Inditex, Galitráns, Esmorís e Fillos, Hidroeléctrica de Laracha, Unifersa, Uniter ou Cardemad.

Cee e Vimianzo

SEA tamén valora a sinatura realizada da venda dunha parcela de 1.897 metros cadrados a Búa Construcións e Servizos S.L. por importe de 113.630,30 euros máis IVA. E de igual xeito, poen como fundamental a venda á Sociedade Galega do Medioambiente, Sogama, de dúas parcelas que ascenden a 2.370 metros cadrados en total, cun custo de 135.104,25 euros máis IVA, que pon de relevo os froitos da “colaboración institucional coa Xunta”.

Pola súa parte, en Vimianzo xa hai unha nova operación pechada no parque empresarial de Vimianzo, tras anos sen avances e que supón a movilización de 2.370 metros cadrados “dúas parcelas- por un importe de 135.104,25 euros.

Novas relacionadas

Comentarios