Luns. 18.11.2019
El tiempo

O fisterrán Juan Luis Estévez recibe, por terceiro ano, a Estrella como un dos Mellores Panadeiros de España

Este será o terceiro que Juan Luis Estévez recolla a Estrella da Ruta del Buen Pan. Na imaxe, unha foto da entrega do ano pasado
Este será o terceiro que Juan Luis Estévez recolla a Estrella da Ruta del Buen Pan. Na imaxe, unha foto da entrega do ano pasado
O fisterrán Juan Luis Estévez recibe, por terceiro ano, a Estrella como un dos Mellores Panadeiros de España

Juan Luis Estévez, o panadeiro artesán da panadería Germán de Fisterra, vén de recibir a Estrela da Ruta Española del Buen Pan, que organiza Panatics. Faino por terceiro ano consecutivo, como un dos mellores panadeiros de España.

Estevez recibirá o galardón o vindeiro 11 de novembro no espazo Cocina Central da Feira de Valencia. Con el estarán [email protected] 80 [email protected] de todo o estado.

As súa redes sociais (o seu facebook Juan Luís Estevenz Panadero Artesano) son un canto á gastronomía artesá, e son seguidas por unhas 10.000 persoas.

Que che recoñezan o teu traballo está moi ben, e sobre nunha panadería de “pueblo” perdida na Fin do Mundo. Pero o importante é sentir que estamos facendo as ben e honestamente o noso traballo e o noso pan”, agradecía Estévez estes días polas redes.

Podedes disfrutar do seu marabilloso pan na palandería Germán, no corazón de Fisterra, así como en establecimentos da vila, como Etel&pan.

Pan de Fisterra que merece unha Estrella
Unha imaxe do pan artesán da fin do mundo da Panadería Germán

Novas relacionadas

Comentarios