Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte mobilízase pola Sanidade Pública

  • Haberá buses dende toda a comarca
Manifestacion Plataforma SOS SANIDADE UBLICA boa
A Costa da Morte mobilízase pola Sanidade Pública

Este domingo 12 de febreiro, a Plataforma SOS Sanidade Pública organiza unha macromanfiestación en Santiago de Compostela. Unha mobilización cidadá contra os recortes, pola a dignificación do noso sistema sanitario público.

A recén constituída Plataforma SOS Sanidade Pública Costa da Morte anima a toda a veciñanza a participar.

E para iso, prepara unha lista de buses con saída ás 9:00h na estación de buses de Fisterra, e paradas en Sardiñeiro, Corcubión, Cee, Dumbría, Muxía Camariñas, Vimianzo.
Haberá máis buses dende Corme,con paradas en Ponteceso e Buño, e dende Laxe con paradas en Baio e Zas,

Podes reservar a túa praza aquí.

Apoio provincial

Sos Sanidade Publica na Deputacion

A Plataforma SOS Sanidade Pública reuniuse este pasado luns co presidente da Deputación Valentín González Formoso, que ratificou o apoio da entidade á mobilización. Ramón Veras Castro, Isabel Fouz, Santiago Gradío e Demetrio Vázquez explicáronse os funcionamento das Plataformas.

Pola súa parte, Formoso lembrou que no último pleno a Deputación ratificaba o seu apoio nunha moción presentada polos grupos do PSdeG-PSOE e do BNG, e aprobada co voto favorable de todos os grupos agás o Partido Popular.
Na moción piden á Xunta “a mellorar o deficiente sistema asistencial na Atención Primaria, que nos últimos anos reduciu o seu orzamento en 140 millóns de euros e perdeu un milleiro de profesionais ”.

Outro dos temas abordados foi a precaria situación laboral d@s sanitari@s, o que provoca que os estudantes non escollan a especialidade de Atención Primaria, provocando á súa vez os problemas coas substitucións… retrasos nas citas, centros de saúde sen médicos…

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios