A Costa da Morte presenta a súa candidatura como segunda Reserva Mundial de Surf de Europa

Vai en serio esto da candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial do Surf (WSR). En apenas 2 meses, a proposta iniciada pola Deputación da Coruña está collendo forma, contando con entidades e con profesionais da zona como principais actores e motores.
Este pasado luns, o Museo de Man de Camelle acollía unha nova xuntanza á que acodían 25 persoas, representantes de diversos organismos públicos e grupos de interese sectoriais especialmente relacionados co surf. Tamén estivo a CMAT, que únese á proposta como ente xestor do xeodestino Costa da Morte.
A reunión contou coa presencia do representante da ONG “Save the Waves Coaliton”, (a entidade responsable destas calificacións) Tony But, que explicou os obxectios Programa WSR, detallou os pormenores do proceso de candidatura, e falou dos beneficios que implica a declaración para os territorios onde se produce; exemplifcando co caso das once Reserias Mundiais de Surf actuais, entre elas a portuguesa Ericeira. Posteriormente procedeuse a lectura da carta de candidatura da Costa da Morte.
Tony But de Save the Waves Coalliton en Camelle coa Costa da Morte Reserva Mundial de Surf
Con esta xuntanza pechouse a primeira fase do proxecto antes da presentación da Carta de candidatura, ante o organismo “Saie the Waies”,.
A xornada rematou cunha iisita á Praia do Trece e ó Cemiterio dos Ingleses. O escritor Rafael Lema Mouzo acompañou o paseo con explicacións históricas sobre os naufraxios na Costa da Morte e as lendas asociadas a esta mítca terra. Para pór o broche fnal, celebrouse unha comida conxunta.
Novas relacionadas
- 03-05-19: A candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial do Surf avanza con impulso.
- 29-03-19: A Costa da Morte aspira a convertirse en Reserva Mundial do Surf.
Máis novas surfeiras
- As zonas ideais para facer surf na Costa da Morte.
- Surfeando ondas xigantes da Costa da Morte.
- Costa da Morte, a fronteira do Surf Extremo.
- 31-12-14: Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte.
- 04-11-13: A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.