Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte volve saír á rúa contra o asasinato machista de Vilalba

Carballo, Cee e Laxe acollen sendas concentracións este martes 23 de xullo
 
Concentracion en Carnota contra o asasinato machista de Vilalba
Concentración en Carnota contra o asasinato machista de Vilalba
A Costa da Morte volve saír á rúa contra o asasinato machista de Vilalba

Non descansa a sociedade galega de protestar contra os asasinatos machistas. Onte, luns 22 de xullo, acontecía un novo asasinato machista en Vilalba, cando un home mataba á súa muller e se suicidaba posteriormente.

Non se fai esperar a resposta da sociedade, e onte xa concellos como o de Carnota saían á rúa para, aproveitando a cartelería do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, amosar a súa repulsa.

Marchas en Cee e Laxe contra o asasinato machista de Laxe

Esta chamada a cidadanía a saír hoxe martes 23 de xullo, en tres dos puntos máis combativos da zona, chamados pola Marcha Mundial das Mulleres ou pola Organización Feminista Buserana. 

A propia Buserana deixa claro que "Non pode pasar un día máis sen voltar ás rúas, sen amosar a nosa repulsa por cada un dos asasinatos machistas que seguen acontecendo sen que nada cambie nin se mova. Que saiban que van a atoparnos enfronte todas as veces que faga falla. Que estaremos berrando tan alto coma poidamos para que non haxa unha menos....para que sexa algo máis que unha etiqueta: para que sexa unha realidade!. 💪💜"

  • Carballo: Concentración ás 20:00h na Praza do Concello.
  • Cee: Concentración ás 21:00h na Praza 8 de marzo.
  • Laxe: Concentración ás 21:00h na Praza Ramón Juega.

WhatsApp Image 2019-07-22 at 14.39.29

Novas relacionadas

Comentarios