Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: As leis que por si mesmas non existen

Tras analizar como cambia o servizo dos bancos en plena pandemia e falarmos de dixitalización municipal e teletraballo, continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba. Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…

Hoxe falamos desa clase de leis aprobadas (e nas últimas semanas van unhas cantas) pero que por seren inaplicables.

Oficina DNI Carballo
Imaxe dunha oficinal municipal
Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: As leis que por si mesmas non existen

As administracións e as leis que por si mesmas non existen

Para que unha lei sexa lei, é dicir se poida aplicar e sexa xusta, ten que ter dúas premisas: A primeira contar cos medios para poder cumplila; a segunda que haxa un criterio unificado, ou máis ou menos unificado para que sexa para todos iguais. Do contrario cada administración a aplicará a súa forma, incluso dependendo de quen che toque a tramitación dentro da propia administración pode aplicarse dunha forma ou doutra.

Hai sectores profesionais que tratan no día a coa administración que saben perfectamente que esta situación leva a que en moitas normativas teñan tantas variantes como administracións haxa, incluso tantas como personal implicado na mesma. Polo tanto ata para facer un trámite hai que estudiar ben o día a escollar, o o gobernante que dirixa, e os funcionarios que participen na mesa, moitos deles auténticos paralizadores de todo. Esta situación agravouse sobremaneira durante a pandemia e moita xente que descoñecía certas prácticas e non estaba familiarizada co día a día da administración douse de fuciños contra a realidade. Aínda que tamén hai que dicilo, todo depende moito que Secretario e Interventor estea á fronte da institución e o grao de colaboración interna teñan os traballadores, o coñecido como “ambiente de traballo”.

Existen tantas leis e tantas administracións como interpretacións fagan sobre todo interventores, secretarios, policías locais, técnicos e ata funcionarios de escalas intermedias. Incluso diferentes alcaldes dinnos que eles cada vez mandan menos e que dependen das decisións doutros. Iso si, teñen a última palabra, pero, dinos un alcalde “non debemos baixar o dedo si non o baixan outros técnicos antes, eles son os coñecedores da lei, e si eles, con razón ou non, din negro, ti non debes dicir branco, e aí xorden os problemas, si hai exceso de celo, ou se vai polo libro a rajatabla, non se move un papel, porque unha cousa é a lei, outra a interpretación do técnico e outra a realidade”.

Xa o sabían moi ben todos aqueles que se adican o mundo da verbena, que despois de multitude de reunións e anos de xestións para acadar do goberno autonómico unha normativa común para toda Galicia que normalizara e abreviara a documentación a presentar de forma igualitaria para todos os concellos, atopáronse de fuciños coa crúa realidade, que a normativa interpretábase de mil formas. E dependendo do concello no que se tramitara, incluso de quen che atendera nese propio concello, a documentación era unha ou outra. A pesar de que, para organizar unha verbena, só é necesario declaración responsable e seguro de responsabilidade civil, sen nen sequera ter que emitir a administración unha autorización específica, moitos concellos comenzaron a pedir completos proxectos técnicos con documentación que triplicaba a que se pedía antes da aprobación da normativa, e cunha complexidade que en moitos casos a comisión organizadora tiña que poñer a tramitación en mans de profesionais, senón abandonaba antes.

Nesta pandemia estas prácticas levaronse ata extremos absurdos e surealistas. Nalgúns concellos contan que despois dunha rolda de prensa de membros do Sergas sobre medidas e restricións, despois de que estas foran ratificadas e aclaradas por medio do DOG, e despois de que a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) recabara da Xunta unhas aclaracións sobre dúbidas interpretativas, e estas foran perfectamente aclaradas pola Xunta a través do Sergas e remitidas os concellos a través da Fegamp, moitos finalmente, pasaban das interpretacións dos órganos superiores que establecían as restricións e interpretaban as medidas doutra forma distinta, cando realmente xa viña o tema “cocido” e era só realizar un copia e pega nas notificacións de órganos superiores. Ou simplemente aínda, só facer público a cartelería oficial emitida pola Xunta de Galicia con deseño gráfico e incluso en forma de infografia en formatos dixitais listos para publicar. Dinnos que loxicamente as dúbidas xorden e as interpretacións tamén, pero que demasiados casos son excesivas.

Mostras reais

Outros van máis alá e dinnos que despois da comparecencia urxente de Pedro Sánchez para todo o país e de Feijóo para toda Galicia, anunciando o confinamento total do país na primeira ola, no que había que quedar na casa sen saír, a orde de diferentes dirixentes foi que todo seguía igual, que había que ir a traballar. Incluso durante toda a fin de semana, co país en estado de alarma por primeira vez na democracia, con todos os medios informativos a nivel nacional anunciando de forma permanente todas as medidas, inéditas iso si, a tomar, estiveron debatindo vía mensaxería como ían a reordear os traballos o vindeiro luns naqueles departamentos que non ían a ter público, que debían estar pechados, sin xente nin traballadores e pensando como se pensaba nun axente superinfeccioso que nos podía contaxiar con só tocar papeis, plásticos e sobretodo respirar. Pero o dirixente de turno dicía que non podía ser así. Ata que entrou a cordura e á última hora do domingo chegou a orde do gabinete do alcalde, dicindo que non había que acudir os postos de traballo.

No comenzo da pandemia, nunha situación inédita nun ambiente de confusión todo pode ter disculpa, pero é que moitas cousas non cambiaron un ano despois.

Na ola de xaneiro de 2021, cando a Xunta de Galicia implantou as medidas máis duras, ao marxe do confinamento, incluídas de restricións de mobilidade, e xa cando deberíamos ter ampla experiencia e poderíamos ter xa superado diversas dúbidas, séguense sucendo situacións surealistas.
Nun concello da zona de Santiago diferentes veciños denunciaron publicamente que a Policía Local do municipio multaba en base ao domicilio que figuraba no DNI, sin atender a outros documentos fehacientes de constatación de residencia que probaban que estaban dicindo a verdade. Imaxínense as multas que ían caer se o policía en cuestión se apostara na porta das facultades onde o 90% dos estudiantes son de fóra da cidade e coa conseguinte dirección no DNI do seu lugar de orixe. Aínda que a cuestión de residencia e domicilio merece un capítulo aparte que tamén trataremos.

Que é parella?

Nesta situación o Diario Oficial de Galicia, e respecto a mobilidade, recollía textualmente que se permiten «as reunións de persoas con vínculo ou de parella cando vivan en domicilios diferentes». Sinxelo, directo e escueto. Pero diferentes veciños que consultaron con algúns concellos e Policías Locais manifestaron que a norma refírese a parellas con vínculo similar ao matrimonial, que poden vivir en distintos municipios, pero non nos casos do «noviete/a». Pero a normativa deixa aberta o término “parella” e non fala nada de matrimonio, nin de «noviete/a», que obviamente é un criterio, máis ben inventado polo funcionario de turno, sen unha base normativa, porque como indicamos, DOG doga non pon nada ao respecto do que lle informaron o veciño.

Un medio informativo de tirada autonómica indicaba que nunha consulta ao teléfono 900 400 116, habilitado pola Xunta de Galicia para resolver dúbidas sobre o tema covid, e o respecto desta formulación, explicaban que teñen que ser matrimonios ou parellas de feito que vivan separados por razóns de traballo e que poderían xustificar que teñen convivencia de fins de semana ou en determinados días. Pero obviamente eso é a interpretación dunha persoa anónima que está detrás dun teléfono, que tanto poder un funcionario como un traballador dunha empresa subcontratada, que alguén lle dixo que ante esa consulta informara desa forma, pero que, obviamente non ten amparo documental, nin legal, que neste caso é o DOG.

Consultado o tema cun veterano funcionario da administración dinnos que se collemos calquera normativa sobre calquera aspecto e se a lemos de principio a fin con detalle, todas elas empezan dicindo si, para ir variando cara o non, ou viceversa, e acabar con excepcións que o final pode ser si ou non, e incluso deixalo a interpretación de quen a aplica. E esto foi unha práctica que se elevou a máxima potencia na pandemia.

En calqueira caso o que prevalece é o documento legal, é a normativa escrita, que é na que se ten que basar o axente da autoridade para unha posible sanción, e si fora como interpreta a policía local ou o funcionario ao outro lado do teléfono de información, parece máis lóxico que o DOG en vez de dicir «as reunións de persoas con vínculo ou de parella cando vivan en domicilios diferentes», dixera «as reunións de persoas con vínculo ou de parella cando vivan en domicilios diferentes, entendendo por parella matrimonios ou parellas de feito que vivan separados por razons de traballo e que poideran xustificar que teñen convivencia de fins de semana ou en determinados días en municipios diferentes, excluindo relacións non formalizadas documentalmente». Pero como só dí a primeira frase, non existe base documental para sancionar a ninguén fóra do que di a frase do DOG en cuestión.

Casos na hostalería

Tamén é significativo o que nos contan de diversos locais de hostalería, que optaron por manter a opción de servizo a domicilio ou recollida no propio local. Parece ser que axentes dun determinado corpo de seguridade presentáronse en moitos deles advertindo que non podía haber ningún cliente dentro do local, que os que recollían o material no local non podían acceder ao mesmo, e que había que poñer unha barreira ou mostrador na porta sin que o cliente accedese en ningún momento ao interior do local, baixo amenaza de sanción.
Esa situación, que por outra parte parece lóxica, creou malestar entre os propietarios dos locais porque a normativa non di eso, máis ben todo o contrario. Só di “a permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que os consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios”. Como se pode comprobar non é que se prohibira a entrada, senón todo o contrario, autorízase especifícamente cuns condicionantes específicos.

Outro funcionario tamén nos indica que a percepción que moitas veces se ten das normativas, non é de que sexa un erro ou un olvido, senón unha intencionalidade de buscar realmente unha inexactitude para poder facer unha aplicación máis laxa da normativa dependendo dos casos, ou levar a estas situacións de confusión e interpretación.

 

Serie “Cousas”

Outras reportaxes sobre Leis

Comentarios