Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: As xestións telemáticas e o teletraballo

Tras analizar como cambia o servizo dos bancos en plena pandemia, continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba. Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…

Hoxe fundimos dixitalización en clave de administración e teletraballo.

orientador laboral COGAMI en teletraballo
Teletraballando
Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: As xestións telemáticas e o teletraballo

XESTIÓNS TELEMÁTICAS (A DIXITALIZACIÓN)

Son obrigatorias por lei. Pero como soe suceder, independentemente do que diga a lei, aínda existen moitas diferencias no grado de implantación en todo o país. Na provincia da Coruña, xa estaba plenamente asentada dous anos antes do antes do covid en todos os concellos por medio das plataformas da Deputación da Coruña. E xa facía tempo que as relacións municipais cona Xunta de Galicia e Deputación era de forma exclusiva dixital.

En marzo de 2018 a Deputación Provincial da Coruña, doulle un ultimatum os últimos seis concellos da provincia da Coruña, menores de 20.000 habitantes, que se facían os remolóns para adaptarse a algo que era inminente, que tiña que ser definitivo en outubro do mesmo ano, e que os demais concellos da provincia xa estaban facendo como práctica habitual no seu día a día das súas administracións.

Seguindo as normativas da Administración Xeral do Estado, a tramitación electrónica é de obrigado cumprimento na administración. Despois de diferentes procesos de adaptación e integración, levados a cabo no período 2015-2018, o día 2 de outubro de 2018, entrou en vigor a obrigatoriedade de relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas, para a realización de calquer trámite dun procedimento administrativo a todo tipo empresas e colectivos.

Así, “os documentos administrativos serán emitidos por escrito, a través de medios electrónicos” (artigo 26 da Lei 39/2015), “os expedientes terán formato electrónico” (artigo 70 da Lei 40/2015), e “estarán compostos de acordo ao Esquema Nacional de Interoperabilidade e as súas Normas Técnicas” (cuxa base xurídica atópase no artigo 156 da Lei 40/2015). Todo iso, no ámbito de aplicación do conxunto do sector público, intregrado pola Administración Xeral do Estado, as Administracions das Comunidades Autónomas, as entidades que integran a Administración Local e ao sector público Institucional.

A única excepción, polo momento, son as persoas individuais, pero neste caso, e aínda que o cidadán acuda a administración con documentos físicos en papel estos tramítanse de forma dixital e regresa para a súa casa cos mesmos documentos físicos. Hoxendía nunha administración pública os papeis que poida ver un cidadán nun arquivo ou enriba dunha mesa son de antigo ou froito dunha práctica absurda que denota inadaptación o que nos vai impoñendo a tecnoloxía, sobre todo por parte de funcionarios e traballadores de máis idade, que acaban imprimindo todo aquelo que o tramite dixital lle permite, unha práctica inútil que incluso carece de validez legal ao perder os documentos todos os metadatos criptográficos electrónicos de transparencia e legalidade.

Desde fai dous anos e medio (a maioría desde fai cinco) os funcionarios dos 82 concellos menores de 20.000 habitantes da provincia da Coruña traballan dentro dun modelo único para todos integrado no denominado programa Concello Dixital da Deputación Provincial da Coruña, que conta cun elenco de técnicos especialistas que dan soporte aos concellos e a propia Deputación en aspectos coma contratación electrónica, procedemento administrativo, xestión documental e de arquivos, protección de datos ou tecnoloxías de comunicación, entre outros. Asimesmo forman ao persoal municipal e aceleran e implantan de forma habitual sistemas de e-administración.

Pero xa antes de 2018 os concellos e Xunta de Galicia xa erradicaran as comunicacións en papel e se viñan relacionando de forma exclusiva por medios telemáticos.

Estamos falando de tramitación administrativa formal dentro dun proceso de tramitación dos de toda a vida municipal. Pero os recursos cos que traballa hoxendía a administración local van desde o típico whatsapp, ou facebook, ata sistemas de deseño gráfico para elaboración de anuncios e cartelería ou de xestión xeográfica para elaboración de diferentes traballos, como proxectos ou informes para programas de desbroces, desvíos de tránsito, medicións de instalacións, ou elaboración de trazados para carreiras populares ou rutas de sendeirismo.

Tamén é convinte reseñar que, non todas as administracións do resto do país levan o mesmo ritmo de dixitalización, a pesares de ser de uso obrigatorio. Nin tampouco, sobre todo pola idade, todo o persoal ten a mesma capacitación para poder adaptarse as novas tecnoloxías.

Pero o pasado mes de xaneiro, ata o Cabildo da Catedral de Santiago, por medio da Oficina de Acollida ao Peregrino, implantou unha APP para obter a credencial da Ruta Xacobea de forma dixital, podendo rexistrar todos os pasos por puntos de acollida no Camiño de Santiago por medio selos dixitalizados validados por códigos QR.

Unha vez máis quen se adiantou o que viña ten gran parte do camiño gañado e vai un paso por diante.

O TELETRABALLO XA EXISTÍA E ESTABA REGULADO

Non é algo novo. Moitas grandes empresas, sobre todo tecnolóxicas xa o viñan desenvolvendo con máis o menos asiduidade. Tampouco é novo nas administraccións públicas, incluso en Galicia leva regulado desde o ano 2013, e o Estado xa o tiña antes da pandemia no Estatuto dos Traballadores. Pero tanto a Xunta de Galicia, como os concellos, a pesar de contar con moitos sistemas activos para poder realizalo, o seu uso era residual.

Non naceu coa pandemia, xa existía, e xa estaba regulado tanto para administración pública como para a empresa privada. A Xunta de Galicia xa o ten regulado desde o ano 2013 e no goberno central teno reflexado no estatuto dos traballadores. Pero existía unha desconfianza de suposta vagancia ou abandono das obligacións por parte do traballador si se lle permitía quedar na súa casa, a pesar de que xa estaba constatado por parte das grandes empresas a efectividade do mesmo, o que quedou constatado aínda máis fehacientemente durante a pandemia, sobre todo en sectores como o da administración pública, banca, empresas tecnolóxicas, oficinas técnicas e xestorías.

E non só polo traballo en sí, que incluso se desenvolveu con maior eficiencia, senón tamén polo aforro de gastos que supoxo tanto para a empresa en temas como luz, auga, xuntanzas que necesitaban desplazamentos, incluso alugueres, como para traballadores, esencialmente en gastos de vehículo, autopista ou manutención.

Na comarca temos visto, durante o confinamento, exemplos de todo tipo, dende o Concello de Carballo que aseguraba manter ao 90% a súa actividade a través do teletraballo, ata o de Corcubión, que recoñecía a “imposibilidade de teletraballar na administración local.

Así e todo, para moitos, esta época foi unha ”oportunidade perdida” polas administracións para que o teletraballo sexa unha realidade, que axude a conciliar, como acontece noutros países europeos.

Novas relacionadas

Serie “Cousas”

Outras reportaxes sobre Leis

Comentarios