Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Da falsa etiquetaxe dos produtos do mar

Da falsa etiquetaxe dos produtos do mar
Da necesidade de etiquetar o peixe

Denuncia hoxe a Asoar-Armega o “Golpe baixo que supón para a pesca artesanal a decisión da Comisión Europea de Pesca sobre que os productos do mar informen da data e lugar de desembarco e non de captura”. I é que aseguran "non entender nin compartimos a idea de que o peixe se identifique coa data de desembarco e non de captura, e que chegue ós consumidores con esta identificación".

Nas últimas semanas estívose debatindo na Comisión Europea de Pesca sobre o etiquetado dos productos do mar, e "parece que hai unha clara inclinación a que estes productos informen da data de desembarco e non de captura, e incluso que no cheguen a especificar a zona da que proceden ou na que foron capturados. Parece que o que se trata é de “non perxudicar” as flotas industriais e as grandes industrias, prevalecendo os intereses destas e menospreciando ou dando un valor inferior aos productos capturados de xeito artesanal", denuncia o presidente da entidade galega afincada na Costa da Morte, Luís Rodríguez.

Así, dende a Asoar consideran que "o consumidor ten dereito a coñecer con detalle se está a mercar producto fresco, procedente de pesquerías artesanais, ou producto pescado fai varios días, semanas, meses … e por flotas industriais ou semiindustriais, se ese producto provén de Galicia, de China, de Chile ou de Mauritania, e en todo caso ten que ser el quen decida o que quere mercar".
Por contra, "esta proposta da Comisión, facilitará a non existencia de transparencia na trazabilidade dos produtos".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios