Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Europa responde antes a Asoar que a Xunta e o Ministerio

Europa responde antes a Asoar que a Xunta e o Ministerio
redes

Curiosa circunstancia na que se atopa a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, ASOAR ARMEGA, que parece ter unhacomunicación máis directa coa Unión Europea que coas Administracións Central e Autonómica.
De feito, a voz do sector chegaba ás 3 entidades públicas, e a única carta que chegou era de Bruxelas.

O escrito pedía unha revisión dun Capítulo de Lei relacionado co ancho das mallas e cos descartes de alevíns que teñen que facer as embarcacións de baixura.

No escrito enviado pola Comisión, esta recoñece a complexidade da normativa vixente e os problemas inherentes de este Regulamento que levan aos descartes de algunhas especies en determinadas circunstancias e expón que en estes momentos están levando a cabo unha revisión de estas normas no contexto da Reforma da Política Pesqueira Común, pero ata entón as medidas existentes en virtude do Regulamento (CE) Nº 850/98 seguirán sendo de aplicación.
Nembargante, propón unha solución a curto prazo a través da administración nacional, i é que esta pode proporcionarlle información sobre esta pesquería (descrición completa da pesca: o número de embarcacións, arte de pesca utilizado, a composición das capturas observadas, etc) e a magnitude dos problemas xerados, co cal, a continuación, a Comisión podería solicitar ao Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca (CCTEP) facer unha avaliación das consecuencias da normativa vixente.

Petición concreta

Concretamente, o escrito pedía que se revisase o Capítulo II e III do Título II do Regulamento (CE) Nº 850/98 do Consello, de 30 de marzo de 1998, para a conservación dos recursos pesqueiros a través de medidas de protección dos xuvenís de organismos mariños, onde se restrinxe nas divisións CIEM VIIIc e IX o desembarco de pescada nun 30% das capturas totais para as artes fixas de enmalle con ancho de malla menor de 80 milímetros.
Esta normativa leva ás embarcacións de pesca de artes menores que traballan con vetas de malla de 60 milímetros, e que son aproximadamente unhas 600 na nosa Comunidade Autónoma, a producir descartes de esta especie, xa que non poden desembarcar e vense forzados a devolver ao mar as cantidades de organismos mariños capturados que superen as porcentaxes autorizadas en este Regulamento
.

Asemade, aínda que os descartes non son característicos de este tipo de pesca, senón que a arte utilizada é moi selectiva, debido ao incremento detectado nos últimos años na cantidade de pescada existente no noso Caladoiro, estes aparellos de enmalle fixos dos que estamos a falar capturan entre outras especies pescada, que logo non poden desembarcar e teñen que devolver ao mar, provocando diariamente descartes, ás veces masivos, de peixes maduros que acadan a talla mínima, o que supón ademais de un estrago de recursos, unha importante perda económica para a tripulación e consecuentemente para as zonas costeiras.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios