domingo. 10.11.2024
El tiempo

De Austria ao Album de Cromos con photoshop

De Austria ao Album de Cromos con photoshop
Jorge Parri sacándolle a foto a Pichín do Castriz no Conchido para o Album de cromos

Impresionante a resposta que estamos tendo a familia QPC Deportes arredor do Album de Cromos. Nos quioscos e bares que xa temos concertados como puntos de venta (avanzamos que haberá un par de puntos en cada vila dende Carballo ata a Serra) non paran de preguntarnos cando chegan os cromos, pois tanto os propios xogadores, como os familiares e mesmo os rapaces da zona non paran de preguntar polos cromos. E non polos da Liga dos Ronaldos ou Messi, senón polos Cromos do Fútbol da Costa!

E mentres os Óscar Santos, Manuel Varela, Jorge Parri, Alberto Pose e compañía seguen traballando na colleita de fotos e datos, hai cousas que nos chaman a atención e que nos gustaría destacar. Esta anécdota chega dende Austria, pero xa son varias as situacións semellantes.

Acontece concretamente cun xogador do Castriz, emigrado en Austria pero que en xaneiro volve a casa, e volve ao fútbol. E parece polo Facebook: "Parri, como podo facer para aparecer no album?". Así, unha foto ca cara dun dos xogadores do Castriz viaxa por correo electrónico ata Austria, e volve coa cara cambiada pero nin rastro de photoshop.

Un exemplo da ilusión, da espectativa que está xerando esta pioneira iniciativa dun album de cromos para xogadores do fútbol modesto.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios