Mércores. 23.10.2024
El tiempo

APTCM inciden coa Xunta na súa aposta pola gastronomía

APCTM e o Director Xeral de Turismo coa palilleira do Parador
APCTM e o Director Xeral de Turismo coa palilleira do Parador
APTCM inciden coa Xunta na súa aposta pola gastronomía

Nova parada da cita de reunións institucionais da directiva da Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM). Desta volta tocou co director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, nunha xuntanza de traballo realizada no Parador da Costa da Morte.

A entidade costeira conseguiu o compromiso para traducir ao inglés e crear unha versión dixital do o libro-guía de Costa da Morte, de Xan Fernández Carrera.

Pero sobre todo afondouse na gastronomía como prato forte da comarca. Para iso, a directiva puxo o foco na campaña Meses con R, poñéndoa como mellor exemplo de campaña de desestacionalización. “Os produtos pesqueiros, na súa mellor época de consumo, serán o piar dun conxunto de actividades encamiñadas a presentar propostas experenciais que involucran a diferentes sectores nun marco de desenvolvemento sostible e de economía azul”, explican dende APTCM. “Nós xa non temos que crear nada, só que veñan no momento oportuno. É moi importante trasladarlle ao visitantes e turistas que veñen no verán que o noso producto local sempre está bo, pero na sua tempada está excepcional”.

A APTCM quere “escapar do termo Sustentabilidade, tan repetido e imprescindible en calquera relato, non só no turístico”.

Valoran a posibilidade de estender a ccampaña a outras zonas para atraer visitantes, con promocións, showcookings e publicidade.

Participación dos socios

Continúa a directiva intentando implicar ao empresariado, e vén de comezar un proceso de consulta aos socios co fin de que presenten as súas inquedanzas e propostas, para enriquecer as liñas de traballo e trasladar o que sexa necesario aos representantes institucionais.
A partir de aí creará diversas mesas de traballo, unha vez finalice a tempada de verán.

Este traballo de comunicación interna e externa da asociación vaise ver fornecida coa próxima apertura dunha web institucional e coa presenza profesionalizada en redes sociais.

En representación do empresariado da Costa da Morte, asistiron o seu presidente, Pepe Formoso (Bela Fisterra, Bela Muxía e Portocubela), o vicepresidente, Julio Castro (director do Parador) e os vogais Rosa Ma Sánchez (Casa de Trillo) e José Ramón Fernández (Balneario de Carballo).

Máis reunións

Proximamente, terán lugar novas reunións de traballo con outras entidades, como por exemplo, a programada para o vindeiro 15 de xullo coa Directora de AGADER, Paz Rodríguez, en Santiago de Compostela.

Máis novas

Comentarios