O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica
Continúan movidas as semanas arredor do Caso Ferroatlántica. Desta volta é a portavoz socialista de Cee, Margot Lamela, a que comunica que tras o compromiso adquirido polo senador, Ángel Mato, e tras as xestións do deputado, Ricardo Mira, o Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee e Dumbría reunirase o próximo día 1 de marzo de 2019, en Madrid, co Director Xeral de Industria, Galo Gutiérrez, aos efectos de trasladarlle a situación dos traballadores de Ferroatlántica na procura de solucións.
Á devandita reunión asistirán o deputado, Ricardo Mira, e a portavoz socialista de Cee, Margot Lamela.
Ademais, o Comité está pendente da convocatoria por parte da Inspección de Traballo de Madrid, a raíz da impugnación da CIG, a partircipar nunha mesa negociadora este vindeiro día 28.Un asunto que pode ser un paso cara traer a mesa a Galicia.
Novas do co conflito #Ferroatlántica
- 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE.
- 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais.
- 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando.
- 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE.
- Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros.
- Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado.
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas