mércores. 14.05.2025
El tiempo

En maio, aínda a vella queima o tallo?

En maio, aínda a vella queima o tallo?
rostro-maio Sobre as sete desta tarde, había 28º de temperatura na praia do Rostro Días como os de hoxe poñen en crise no refraneiro popular. A Costa da Morte - e unha boa parte da comunidade - espertou cos ceos despexados e cun aire cálido xa dende primeiras horas da mañá. Algo pouco habitual para esta zona xeográfica e menos en pleno mes de maio. Unha masa de aire sahariano deixou ao longo do día de hoxe temperaturas de ata 32 grados nalgúns puntos de Mazaricos e de Rus - Carballo -. Previsión metereolóxica para mañá mércores, 25 de maio As previsións metereolóxicas de 4gotas.com indican que mañá será outro día de moita calor na Costa da Morte. O tempo máis típico da primavera regresará o venres, día no que se espera que descendan as temperaturas e aumente a probabilidade de chuvascos ocasionais. A vella queimará o tallo ata o 40 maio? Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 

Comentarios