Xoves. 18.04.2024
El tiempo

En Marea presenta un escrito instando ao Goberno estatal a actual contra a “ilegal” moción de censura de Coristanco

En Marea presenta un escrito instando ao Goberno estatal a actual contra a “ilegal” moción de censura de Coristanco
En Marea na subdelegacion do goberno cos simpatizantes de Coristanco En Marea cos seus simpatizantes de Coristanco Como prometía nada máis rematar a esperpéntica moción de censura, o grupo En Marea vén de presentar un escrito na Subdelegación do Goberno instando a actuar, “canto antes”, de oficio contra a moción de censura “ilegal” no Concello de Coristanco. O viceportavoz de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, mantivo unha xuntanza esta mañá con simpatizantes de Coristanco para analizar a situación onde salientou que “os interese privados ligados a esta operación non poden prevalecer sobre o interese xeral”. “De sobra son coñecidas as prácticas caciquís e clientelares do alcalde na sombra, Antonio Pensado, e as súas imputacións e implicación en apertura de dilixencias no Xulgado de instrución número 1 de Carballo” denunciou Sánchez quen incidiu que “este tipo de intereses non debe condicionar a acción dun goberno democrático”. Sánchez instou ao PSdeG a aclarar se a expulsión de Abraham Gerpe se fixo en tempo e forma o que provocaría que o acordo da moción de censura sexa ilegal e polo tanto deberían presentar recurso xudicial co fin de restablecer a legalidade no Concello de Coristanco. [fbvideo link="https://www.facebook.com/EnMareaGal/videos/2040977899459105/" width="600" height="400" onlyvideo="1"]

Artigos relacionados

A historia da moción de censura de Coristanco

Máis novas da política municipal de Coristanco

Máis novas

Fonte

Comentarios