mércores. 23.07.2025
El tiempo

Estes son os establecimentos da Costa da Morte adheridos aos insuficientes Bonos Turísticos

Belen do Campo e Luis Insua nas Cabanas de Mallas
Belen do Campo e Luis Insua nas Cabanas de Mallas
Estes son os establecimentos da Costa da Morte adheridos aos insuficientes Bonos Turísticos

As Cabanas de Mallas, en Fisterra, foron as escollidas para que a Xunta recordase o Bono Turístico. A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou acompañada do voceiro do PP local Luís Insua un dos arredor de 40 establecimentos xa adheridos a esta campaña de bonos que tratan de incentivar o turismo interior durante o outono.

Uns bonos dun importe de 150€, para os que a Xunta aporta apenas 60 euros (os outros 90 teñen que ser pagados pola persoa solicitante), para aproveitar entre o 15 de setembro e o 25 de decembro deste ano. A Xunta lanzou 16.666 bonos (un total de 1 millón de euros) que se esgotaron en apenas 3 días (do o pasado venres ás 9,00 horas da mañá ao domingo contra ás 21,00).

As persoas que estiveron rápidas poderán gozar os bonos en máis de 300 estabñecimentos de toda Galicia, entre eles, case medio centenar da Costa da Morte. En todo caso, o prazo de adhesión para establecimentos estará aberta ata o 1 de decembro, polo que o número de establecimentos da comarca seguir que aumenta.

Establecimentos da Costa da Morte adheridos, por agora, ao Bono Turístico

  • A Carnota O Lado do Mar (Carnota).
  • Morada da Moa (Carnota)
  • Hotel Faro Lariño (Carnota).
  • Hotel Semáforo de Fisterra (Fisterra).
  • Hotel do Blanco Azul (Fisterra).
  • O Camiño Fala (Mazaricos).
  • Hotel Restaurante As Eiras de Liras (Cee).
  • Apartamentos Playa do Osmo (Corme, Ponteceso).
  • Cabanas de Mallas (Fisterra).
  • Porto Cabana (Cabana.
  • Hotel Baralés (Ponteceso).
  • Cabanas de Vendaval (Barizo, Malpica).
  • Parador da Costa da Morte (Muxía).
  • Dugium Turismo Rural (Fisterra).
  • Lar de Canedo (Carnota).
  • Hotel Bela Fisterra (Fisterra).
  • Cabanas Narea (Laxe).
  • Intramuros Quiet Aparment (Muros).
  • A de Loló (Muxía).
  • Four Rooms (Muxía).
  • Hotel Playa Langosteira by Adeloló (Fisterra).
  • Nidos de Carnota (Carnota).
  • PR Asador Río Sil (Carballo).
  • Cabas da Luz (Xaviña, Camariñas).
  • AIR Fervenza (Mazaricos).
  • As Cortinas (Laxe).
  • Casa Miranda (Ézaro, Dumbría).
  • Son do Faro Fisterra (Fisterra).
  • Hotel Mar de Laxe (Laxe).
  • Casa Santa Uxía (Ézaro, Dumbría).
  • O Fogar do Carpinteiro (Carnota).
  • Hotel Meiga do Mar (Caldebarcos, Carnota).
  • Casa Raúl (Lires)
  • A Quinta da Bouza (Mazaricos).
  • Aparthotel Ría de Lires (Cee).
  • Casa Castiñeira (Muxía).
  • Aldea Miraflores (Muros).
  • Refuxo do Porto de Quilmas (Carnota).
  • Cabanas de Canduas (Cabana).

Outras novas

Comentarios