xoves. 14.11.2024
El tiempo

“Facer máis recortes na atención á diversidade no ensino é unha crueldade”

A Xunta propón no Borrador da Orde que desenvolve do Decreto 229/2011 que poida haber só 1 ATE por cada 7 alumn@s con NEAE
Neno en escola
“Facer máis recortes na atención á diversidade no ensino é unha crueldade”

Aínda en novembro denunciabamos a falta de substitución da Auxiliar Técnico Educativo no colexio de Carnota, que provocaba que 4 nen@s quedasen sen poder ir á escola. Unha situación, as das crianzas con necesidades especiais (NEAE) cada vez máis complicada, pois as familias vén como cada ano se recorta máis e máis a súa atención.

En calquera caso, a situación pode aínda empeorar se sae adiante o borrador do desenvolvemento Proxecto de Orde do Decreto 229/2011 que o goberno popular vai defender hoxe na mesa sectorial sobre a atención á diversidade ante os sindicatos.

Trátase en realidade dunha vella demanda da comunidade escolar para unificar a lexislación relativa á atención escolar á diversidade (moi disgregada en varios decretos do 96, do 2005 ou o propio do 2011), pero a realidade é que o PP aproveita esta actualización con clara intención política.

O rateo de Auxiliar por nen@s con NEAE

Un dos puntos do Borrador que máis impacta á comunidade escolar é o novo recorte na presencia de ATEs. Ata o de agora, o rateo de ATE polo número de alumn@s non é directo, e depende da valoración de especialistas do tipo de diversidade de cada neno (hai nen@s que necesitan un coidador@ específico) pero adoita de ser 1 auxiliar por cada 2 nen@s. A Xunta propón elevar o rateo máximo de persoal auxiliar coidador por número de alumnado con necesidades especiais a 1/7, é dicir que un coidador poida ter ao seu cargo ata 7 nen@s con necesidades especiais.
Para as familias esta cifra é unha trampa, para evitar que calquera protesta prospere.

”Unha crueldade”

Así o valora Angelica, unha nai directamente afectada polo recorte, Angélica González: “Na miña opinión, só o feito de que se intente levar este novo recorte á votación paréceme un acto de crueldade e inxustiza, xa que os nenos, por desgracia, que teñen necesidades especificas necesitan atención continua, non en momentos puntuais. Como nai dun neno con este problema, penso que actúan con crueldade e ignorancia sobre estes temas. Non poden poñer a unha persoa ao cuidado de 7 nenos, xa que cada neno necesita axuda en diferetentes ambitos”, explica moi cabreada.

O Apoio educativo desaparece

Outro asunto grave do Borrador é a falta de distinción entre Coidador e Auxiliar Técnico Educativo. Se ben na lexislación estatal si que hai unha clara diferencia entre ambos conceptos, no Borrador proposto pola xunta utilízanse como sinónimos, perdendo así a función educativa de facto. O ATE ou coidador pasarán a ter só unha función asistencial eliminando o apoio educativo e a atención no aprendizaxe que podían prestar o ATE. Esta, o recoñecemento da figura da ATE, será unha das demandas de varios sindicatos na mesa sectorial.

Autismo vs Altas capacidades

Un exercicio interesante que dá conta dos intereses da Xunta é facer a busca no Borrador da palabra Autismo ou Trastorno de Espectro Autista. Unha diversidade cada vez máis frecuente, non porque haia máis nen@s que antes que a padecen, senón porque está mellorando moito o diagnóstico nos últimos tempos. Así e todo, en todo o borrador de Atención á Diversidade non aparece nin unha soa vez.
Pola contra, si aparece o concepto “altas capacidades” ata en 19 ocasións…

 

Novas relacionadas

Comentarios