Falece un home en Agualada tras quedar atrapado no seu tractor

10:34 21/02/18

Tarde negra onte en Coristanco. Un home falecía nunha leira no lugar de Anido, parroquia de Agualada, tras quedar atrapado entre a desbrozadora de cadeas e unha roda do tractor que conducía.
Ata o lugar do accidente desprazábase o 061, Protección Civil, Garda Civil, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso, o helicóptero medicalizado con base en Santiago e mais os Bombeiros de Carballo, que procederon á excarcelación do corpo, xa sen vida, do home polo que os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do varón.
Había meses que non se producían esta clase de sucesos con tractores, pero en apenas dúas semanas, temos vivido dous accidentes mortais, despois do acontecido en Borneiro.
Novas relacionadas
- 09-02-18 Falece un home de Borneiro tras volcar o seu tractor.
- Agosto 17: Facece un home Santa Comba tras quedar atrapado baixo o seu tractor.
- Xuño 2014: Falece un home de 92 anos en Ponteceso baixo o seu tractor.
- 07-06-13: Un home falece en Malpica baixo o seu tractor.
- 18-06-12: Un veciño de Muxía falece baixo o seu tractor.
- 14-04-11: Morre un veciño de Dumbría atrapado baixo o seu tractor.
Accidentes 2018
- 04-02-18: Excarcelado un condutor tras volcar nun accidente en Mazaricos.
- 28-01-18: Domingo de accidentes.
- 22-01-18: Falece unha señora 3 días despois do accidente de Berdeogas.
- 19-01-18: Catro feridos tras un forte accidente en Dumbría.
- 12-01-18: Un ferido nun accidente de tráfico en Muxía
- A noite de Reis deixou un accidente en Carnota
Fonte
- Redacción de Óscar de Souto (info@quepasanacosta.com).