Familias da Costa da Morte lideran unha Plataforma para esixir pediratras e matronas en todo o rural galego
”Non hai profesionais sanitarios”. As familias xa estamos algo algo cansas das excusas da administración para seguir desbaratando a atención primaria do sistema sanitario público galego.
Na Costa da Morte padecemos moi de preto o problema do servizo de atención primaria a nen@s e embarazadas, algo que se ven arrastrando en Galicia dende fai anos. De aí que teña o xérmolo na nosa comarca a Plataforma de Nais e Pais #PediatrasXa #MatronasXa. Unha Plataforma que nace para darlle voz aos dereitos d@s nos@s fill@s, e que está colleitando os tráxicos datos do servizo de pediatría e matronas por diferentes zonas do país.
A Plataforma xa realizou diversas protesas por todo o territorio galego, por agora de xeito moi local.
Lembramos a protesta polo peche do paritorio de Verín, un problema que foi remendado enviando a pediatra de Cee para Verín, “como di o refrán desvestir un Santo para vestir outro”, valora a fisterrá Vanessa Viquendi, membro da Plataforma. Foi precisamente en Cee onde lideraron a manifestación comarcal, mentres que en Cedeira realizaron a “revolución dos chupetes negros, apoiada por políticos e por xente da cultura e o espectáculo”.
Colleita de sinaturas
Agora, en clave de país, queren estender as protestas a toda Galicia, contactando con outras plataformas, e milleiros de familias de todo o país.
Están desenvolvendo unha campaña de colleita de sinaturas en change.org que supera as 1.200 pero que ten que seguir medrando..
Reto viral
Ademais, están lanzando unha especie de reto viral, lembrando quel famoso “legado do Tibu” de 2014, pero esta vez moito máis sinxelo, sin ter que mollarse literalmente. Para o vindeiro día 20 de novembro, coincidindo co día do Neno, pedirán a todos os Galeg@s, que:
- Poñan nas súas redes sociais unha foto en blanco e negro, cos brazos en cruz en forma de “X”, en símbolo de XA.
- Que inclúan no título os hashtags #pediatraXa #matronasXa.
- E que fagan a publicación ás 12:00h. do día 20 de novembro, enviándoa ademais por privado ás contas de Facebook e instagram de PediatraGalicia, para facer un collage.
Novas relacionadas
- DirectosQPC sobre o SERGAS: As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
Novas relacionadas
- Outubro 2020: Carnota mobilízase para recuperar o seu servizo de pediatría.
- Setembro 2020: As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo describen a súa precaria situación.
- Febreiro 2020: Manifestación comarcal en Cee contra os recortes en pediatría: “Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”.
Reportaxes sobre o precario servizo de pediatría na Costa da Morte