Luns. 29.04.2024
El tiempo

Feijóo, Rueda e Comesaña visitan a Costa da Morte

FEIJOO PASEO CARBALLO1
Feijoo con Rubén Lorenzo pola feira de Carballo
Feijóo, Rueda e Comesaña visitan a Costa da Morte

Agricultores e gandeiros do Concello de Mazaricos mantivo unha xuntanza informal co presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, a quen lles traslarons as súas reivindicacións. Os ataques do lobo, os custos de produción e a alta fiscalidade ambiental foron algúns dos temas tratados no encontro. Antes, Feijoo xa vistara Carballo e Muros.

Alberto Núñez Feijóo mantivo un encontro improvisado con agricultores e gandeiros do Concello de Mazaricos
Alberto Núñez Feijóo mantivo un encontro improvisado con agricultores e gandeiros do Concello de Mazaricos
mitin-alfonoso-rueda-carballo-2024
Mitin de Alfonso Rueda en Carballo

Precisamante Carballo foi o lugar elixido por Alfonso Rueda, presidente e candidato do PPdeG á Xunta de Galicia, para o mítin que ofreceu na comarca. Foi o pasado mércores onde aproveitou para pedir o voto para que Galicia siga funcionando e apostando pola Costa da Morte con medidas como a posta en marcha do Centro Integral de Saúde (CIS) en Carballo ou a prolongación da autovía da Costa da Morte ata Vimianzo. Subliñou neste sentido que para el e o seu partido o único importante son o presente e o futuro de Galicia e o benestar, o crecemento e a dignidade dos galegos. Avogando así por unha Galicia na que as escolas infantís son gratuítas, na que os galegos pagan menos impostos e na que a sanidade pública conta con máis persoal e investimento que nunca.

comesana-hospital-virxe-xunqueira-cee
Alberto Comesaña mantivo onte en Cee un encontro con outros candidatos da lista do PP da Coruña

Pero estas non foron as únicas visitas que recibimos estes días na Costa da Morte de varios líderes do Partido Popular nos días previos ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro. Precisamente onte o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e candidato do PP ao Parlamento de Galicia por Pontevedra, Alberto Comesaña, visitou o hospital Virxe da Xunqueira de Cee para manter un encontro con outros candidatos da lista coruñesa encabezados polo ceense Jesús Picallo.

Neste encontro, Comesaña informou aos membros da candidatura e á veciñanza de Cee coa que conversaron do compromiso do Partido Popular de Galicia coa dotación dun hospital de día oncolóxico no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, un obxectivo que figura de xeito expreso no programa electoral dos populares para as eleccións do 18 de febreiro.


A posta en marcha dun hospital de día oncolóxico no Hospital Virxe da Xunqueira permitirá proporcionar boa parte dos tratamentos de quimioterapia en Cee, evitando centos de desprazamentos de pacientes a Coruña e mellorando a súa comodidade durante unha situación xa suficientemente complicada.

Comentarios