xoves. 07.11.2024
El tiempo

A foodtruck “Galicia sabe a mar” percorre esta fin de semana a comarca

foodtruck galicia sabe a mar
A foodtruck “Galicia sabe a mar” percorre esta fin de semana a comarca

Xa está pola comarca a foodtruck da campaña “Galicia sabe a mar”. A iniciativa, impulsada pola Consellería do Mar, permitirá que a veciñanza da zona deguste gratuitamente produtos galegos do mar, dende chocos con habas de Lourenzá a zamburiñas en escabeche, por exemplo.

Unha campaña coa que a Xunta desexa amosar a calidade dos produtos galegos, pero tamén poñer en valor a labor dos profesionais do mar que contribúen ó subministro destes alimentos de primeiro nivel.

A gastrofurgo xa estivo onte en Muros, hoxe día 9 faino en Carnota, na Praza de San Gregorio de 12:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Nese mesmo horario repetirá o venres en Fisterra, na Praza da Constitución; o sábado na Praza do Mercado de Cee, e o domingo no paseo marítimo de Muxía.

foodtruck galicia sabe a mar

Comentarios